21 mar 2011
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo a propósito da primeiro pedra do Novo Hospital
Núñez Feijoo apresurouse hoxe a por a primeira pedra do Novo Hospital de Vigo, adiantándose á data prevista para o día 1 de abril e entrar así no festín de falsas inauguracións de face á cita electoral que pon o día 28 como data límite para estes eventos.
O seguro e que non dirá o señor presidente é que:
Hoxe é un triste día para Vigo.
O seguro e que non dirá o señor presidente é que:
- As obras do novo Hospital deberían estar iniciadas hai máis de dous anos, de acordo co calendario aporbado.
- O retraso será aínda maior xa que nin sequera está concluído o proceso de expropiación de terreos e as empresas que concursaron para quedar coa obra reclamaron por irregularidades no proceso de adxudicación o que pode supor aínda máis atraso.
- Esta é urxente cando a atención hospitalaria en Vigo sofre colapsos continuos e as listas de espera soben espectacularmente.
- O financiamento vai deixar en mans privadas este centro multiplicando o seu custo e con todo recórtase o espazo dispoñible, redúcese o número de camas en 850 para deixar a POVISA como hospital de área, desaparece o módulo de docencia e investigación, redúcense á metade as camas oncolóxicas abandonando así o proxecto de hospital de referencia do cancro e outro sinnúmero de recortes ao proxecto.
- O centro quedará en mans privadas durante 20 anos o que deixa aos cidadáns de Vigo a mercede dos intereses empresariais das empresas concesionaria.
Hoxe é un triste día para Vigo.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: