19 feb 2011

postheadericon Charla-coloquio da Plataforma en Coiro

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas organizou o venres, 18 de febreiro, unha charla-coloquio no Centro Cultural de Coiro. No acto interviñeron Manuel Martín García, médico especialista en medicina familiar e comunitaría, máster en saúde pública, que é ademáis o voceiro da plataforma cidadá SOS Sanidade Pública. Tamén tomaron a palabra os membros da Comisión Xestora Chelo Graña e Xosé Mª Sánchez.
Este acto forma parte das actividades que ven desenvolvendo a Plataforma de Cangas por todas as parroquias e que teñen por obxectivo dar a coñecer as súas actividades recoller propostas dos veciños e veciñas.
A charla-coloquio que levaba por título "Que pasa coa sanidade pública. Propostas e debate", incidiu especialmente na necesidade de reforzar a oposición social ás medidas privatizadoras e de recorte de servizos que está levando a cabo a actual Consellería de Sanidade e as súas consecuencias. Tamén foi abordada a situación da poboación de Cangas sobre súa asignación obrigatoria ao hospital privado POVISA, agora que se está a negociar o concerto, e as propostas que a este respecto defende a Plataforma.

Facer click enriba da imaxe para ver a presentación

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger