7 feb. 2011

postheadericon As Plataformas de Cangas e Moaña diríxense ao Valedor do Pobo para queixarse das carencias sanitarias do Morrazo

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, en xuntanza conxunta celebrada no día de onte, acordamos dirixirnos, a través dos respectivos membros das súas directivas, ao Valedor do Pobo co fin de queixarnos das carencias que padecemos os veciños e veciñas do Morrazo asignados a POVISA, facendo, tamén, especial fincapé nas enormes listas de espera deste hospital privado.
Neste momento, no que se están a levar a cabo as negociacións do Concerto entre POVISA e o SERGAS, as Plataformas considerámonos na obriga de erguer a voz dos/das usuarios que somos os que pacecemos unha situación totalmente inxusta e que, ademáis, aparecemos totalmente marxinados nun proceso negociador carente de transparencia e feito totalmente de costas á opinión pública, cando do que se está a falar é da saúde de todos e todas.

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña agardamos do Valedor do Pobo, ao que apelamos a través destas queixas, que faga as xestións necesarias para que a Consellería de Sanidade se entere que a cidadanía non estamos dispostos a tragar con todo e para que reaccione e tome as medidas necesarias para acabar con todas as discriminacións ás que se fai referencia en ambos os escritos.


Texto da queixa presentada en nome da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña

QUEIXA
Que como usuaria do sistema galego de saúde e por estar domiciliada en Cangas, non teño dereito, así como o conxunto dos veciños e das veciñas do meu concello, á mesma atención hospitalaria que o resto dos/das usuarios da Área Sanitaria de Vigo á que pertencemos, ao estar obrigatoriamente asignados ao hospital privado POVISA, polo que carecemos dos servizos de hospitalización a domicilio e de coidados paliativos, ademáis de soportar as listas de espera cirúrxicas (os datos sobre as listas de especialidades e de probas diagnósticas non son públicos) máis grandes, con moita diferencia, que as do resto dos hospitais de Galicia.
Por todo o exposto,

SOLICITO
Que faga as xestións oportunas para que esta situación de clara inxustiza que vimos padecendo desde hai máis de dúas décadas sexa reparada, á vista tanto da lei que proclama a igualdade do dereito no acceso á saúde como do artigo 14 da Constitución Española que suliña que ninguén pode ser discriminado por unha circunstancia persoal tal como é, neste caso, a de ser veciño ou veciña do concello de Cangas.
Agardando pola súa resposta, aproveito para saudalo atentamente,

Cangas, 5 de febreiro de 2.011

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas