7 feb 2011
A AGDSP di que o aforro en medicamentos non pode ir parar ao interés privado
Ante as declaracións do Presidente da Xunta de Galicia de que os aforros do Catálogo de Medicamentos van a destinarse a construír os Hospitais de Financiamento Privado de Galicia, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
- Que construír os novos hospitais recorrendo ao financiamento privado, multiplicará por cinco ou seis o seu custo respecto do financiamento público, como mostra a licitación do Novo Hospital de Vigo que custará máis de 1.800 millóns de euros, cando sería de 450 se fose construído pola Sociedade Pública de Investimentos.
- Estas ganancias van beneficiar exclusivamente a consorcios privados integrados por bancos, empresas construtoras e aseguradoras privadas.
- Que é inaceptable, ética e racionalmente, que os aforros en medicamentos se destinen a beneficios para a empresas privadas que non teñen nada que ver coa sanidade.
- Rexeitamos e esta política que supón trasladar enormes ganancias económicas dun sector privado a outro, á conta dos impostos que destinan os galegos a sanidade pública.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: