10 ene 2011
Unha nova burbulla na economía
Manuel Mera
Na Galiza estamos vivindo esta grave situación baixo a batuta de Núñez Feijóo e un goberno que, xordo a calquera protesta ou suxestión, está alimentando unha nova burbulla, hipotecando os orzamentos dos vindeiros 25 anos. A construción de novos hospitais, centros de saúde, e outras obras públicas moi custosas, con cartos privados, vai dinamizar a actividade do sector da construción, evitando unha reestruturación e a queda da renda nacional galega, mais só por algún tempo porque non responde á realidade, e o máis grave: adiando unha recuperación sostíbel. Tampouco se pode ignorar que se fai a costa de privatizar unha parte significativa da xestión, haberá un peor servizo aos cidadáns (segundo os especialistas), e terá uns custes que semellan excesivos e non están abondo xustificados e clarificados. No hospital de Vigo pasouse dun investimento de 360 millóns a outro de seica máis de mil millóns. A diferenza é moi grande, como para que non deixe un pouso de sospeitas.
Publicado en Xornal.com

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: