14 ene 2011
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia o colapso dos centros sanitarios galegos
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidad Pública considera que o colapso que sofren os centros sanitarios en Galicia e que afecta a servizos de urxencias, hospitais de agudos e centros de saúde pola epidemia de gripe evidencia:
- As carencias e limitacións do sistema sanitario público galego, que se viron agravadas nestes dous últimos anos polas políticas de redución do gasto sanitario; a parálise do Plan de Mellora da Atención Primaria (que pretendía acabar coa falta de profesionais sanitarios, mellorar o equipamento e os recursos dos centros de saúde); da paralización da actividade de tarde e de redución de persoal nos hospitais públicos.
- Evidencíase que o número de camas hospitalarias é insuficiente para afrontar unha epidemia que se repite cada ano. Ao déficit de camas de agudos engádese a práctica inexistencia de camas de atención de enfermos crónicos que poderían absorber unha parte importante das hospitalizacións de enfermos que necesitan só precisan coidados de hospitalización básica (menos custosa que a de agudos)
- A nosa Asociación considera que como consecuencia destas políticas as listas de espera creceron de xeito moi importante xa que constatamos o peche de moitas delas. Por iso esiximos a publicación das listas do mes de xaneiro como xa se veu realizando nos últimos anos.
- Advertimos novamente á cidadanía e aos profesionais sanitarios das importantes repercusións que están supondo as políticas de descapitalización do sistema público para apoiar ao sector privado e para preparar o desembarco das concesionarias na construción de novos centros sanitarios, emprendidas pola actual Xunta de Galicia
- Esiximos un cambio da actual política que recorte de gasto e recursos público por outra de incremento de recursos antes de que este colapso temporal, asociado á epidemia de gripe, se transforme en permanente pola descapitalización do servizo público.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: