29 dic 2010

postheadericon SOS Sanidade Pública declárase en rebeldía

As organizacións e colectivos sociais, profesionais, sindicais e políticos que formamos a Plataforma SOS Sanidade Pública declarámonos en rebeldía fronte as políticas da Xunta de Galicia e da Consellería de Sanidade de deteriorar e privatizar a sanidade pública galega.
Cremos que a estratexia sanitaria de Núñez Feijoo fixo saltar todas as alarmas ao levar ao sistema de saúde a un punto de inflexión no proceso de privatización, que de continuar pode conducir ao sistema público a unha situación sen retorno.
Núñez Feijoo e a política sanitaria deste Goberno son a maior ameaza ao sistema sanitario público desde a súa creación. A decisión de combinar unha redución do orzamento sanitario en case 200 millóns este ano, co recurso ao sector privado para construír, restaurar, equipar e xestionar os centros sanitarios (multiplicará por seis o custo final dos mesmos), leva ao sistema a unha situación de limitación dos recursos necesarios para o mantemento da actividade dos servizos, e a un grao de endebedamento incompatible co mantemento sostible do sistema público, cando menos nas condicións actuais de universalidade e gratuidade no momento do uso, e que garanten a accesibilidade á atención de saúde en condicións de equidade a toda a poboación.
Esta reforma fíxose de costas aos cidadáns e aos traballadores sanitarios, vulnerando a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saúde de Galicia, que obrigan ás administracións a facer partícipes á cidadanía e aos traballadores sanitarios da planificación e control das decisións que afectan ao sistema, especialmente nunha materia tan sensible como é o cambio de orientación do mesmo de público a privado.
A falta de recursos está xerando xa unha situación de deterioración dos servizos: Peche dos hospitais pola tarde; paralización dos Plans de Mellora de Atención Primaria, Saúde Mental, Drogodependencias e Muller; parálise dos Plans Directorios de mellora de hospitais; peche dos servizos de radioloxía de urxencias nos hospitais comarcais; pago por transporte en ambulancias con supresión deste servizo nalgunhas áreas, etc. Mentres tanto, a Iniciativa de Financiamento Privado (PFI) deixará aos centros sanitarios en mans de consorcios privados que os explotarán no seu beneficio particular con diñeiro de todos.
Consideramos unha burla e unha afronta á cidadanía galega que o dereito á participación se vexa substituído por un acto de propaganda dirixido aos representantes de cidadáns e profesionais aos que non se lles consultou nin tivo en conta para nada á hora de decidir estas políticas.
Por todo isto:
- Rexeitamos un acto simplemente propagandístico que rompe o consenso institucional en materia sanitaria.
- Non queremos lexitimar coa nosa presenza unha estratexia de deterioración e privatización do sistema sanitario na que non tivemos oportunidade de intervir.
- Chamamos a todos os galegos, calquera que sexa a súa ideoloxía política, a rexeitar a deterioración e privatización do noso sistema de saúde público.
28 de decembro de 2010

Los sindicatos sanitarios plantan a Pilar Farjas en el Consello Galego de Saúde
Publicado en La Voz de Galicia

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger