27 dic 2010

postheadericon A Plataforma polo Hospital Único de Pontevedra denuncia que se aproveiten as vacacións de Nadal para presentar o proxecto do novo hospital

A Xunta de Galicia vai presentar hoxe dia 27 o proxecto de Novo Hospital Público-Privado de Pontevedra aproveitando novamente o período vacacional nos que a cidadanía e os axentes sociais están desmovilizados, neste caso polas festas de Nadal, para dificultar que poidan exteriorizar a sua opinión infrinxindo a lexislación galega e estatal sobre participación dos cidadáns na planificación dos servizos sanitarios. Este dereito e  substituído por un acto de propaganda dirixido aos representantes de cidadáns e profesionais.
A decisión de construír un novo hospital con financiamento de consorcios empresariais privados a Xunta atrasa ata  2015 o inicio das obras do  centro hospitalario que estaba previsto ampliar e cuxas obras deberían concluír a finais do  próximo ano.
O proxecto de Novo Hospital en Montecarrasco  non supón ningunha mellora no espazo dispoñible, nas camas e outros recursos respecto da proxectada ampliación de Montecelo (estrutura absolutamente renovada nos últimos anos) e vai ter importantes efectos negativos para a sanidade pública de Pontevedra (e de Galicia), para a atención dos cidadáns e para o dereito a unha sanidade universal, gratuíta e de calidade:
- Rompe co consenso entre administracións xa que pretende que o Concello de Pontevedra gaste máis de 20 millóns de euros nunhas novas infraestruturas (auga, rede de sumidoiros, electricidade, urbanización, accesos valaes, etc.) cando con tan só 4 millóns bastaban para a ampliación de Montecelo.
- Este sobrecusto preténdese que o pague os cidadanas de Pontevedra cos seus impostos e ten por finalidade satisfacer os intereses electorais do Partido Popular e dos seus de grupos empresariais afíns, invirtindo a lóxica de cas administracións estean ao servizo dos cidadáns ou non á inversa.
- Un incremento innecesario do custo do centro  xa que mentres a ampliación de Montecelo estaba prevista en 100 millóns de euros o Novo Hospital probablemente alcance mais de 1.400 millóns de euros  que pagarán as próximas xeracións e que condicionará a capacidade de decisión das súas administracións, calquera que sexa a súa cor política.
- O incremento brutal do endebedamento da Comunidade Autónoma, nun momento de crise económica e de ataques dos especuladores sobre a débeda do Estado, que serviu de escusa para que Núñez Feijoo restrinxir brutalmente o gasto e os servizos sanitarios públicos nos dous últimos anos ano (peche dos hospitais pola tarde, paralización dos Plans de Mellora de Atención Priamaria, Saúde Mental, Drogodepencias e Muller, parálise dos Plans Directorios para mellora de hospitais, de pecha dos servizos radioloxía de urxencias en Hospitais Comarcais, pago por transporte en ambulancias con supresión deste servizo en algunas áreas, etc.)
- A privatización do novo hospital que quedará en mans de bancos, empresas construtoras e multinacionais sanitarias que os explotarán durante mais de 20 anos
- O deterioro da calidade da asistencia, como se comprobou en Valencia ou Madrid onde levan anos aplicando esta fórmula. O último exemplo dos problemas de deixar en mans de empresas servizos públicos esenciais témolo no peche de aeroportos de xestión privada no Reino Unido como con secuencias das nevadas por falta de recursos e persoal mentres se mantiñan abertos os de xestión pública en Suecia ou Dinamarca.
Por todo isto a Plataforma polo Hospital Único de Pontevedra integrada por alcaldes, organizacións veciñais, sindicais, profesionais, de usuarios etc, queremos mostrar:
- A a nosa denuncia dunha obra que espoliará os recursos económicos e patrimoniais dos cidadáns do Pontevedra que deberán mais dinero, perderán equipamento urbano e serán expropiados das súas propiedades para construir un edifico e uns accesos viarios que non aportan nada sustantivo respecto do proxecto de ampliación.
- O noso rexeitamento á privatización do novo hospital mostrado multitudinaria na manifestación de fai uns poucos meses
- Que manteremos a movilización social e profesional a favor da sanidade pública e do hospital Único de Pontevedra.

En Pontevedra, a 27 de Decembro de 2010

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger