10 dic 2010

postheadericon Nota de prensa sobre a negociación do concerto con POVISA

Finalizada a primeira rolda de negociacións entre o SERGAS e POVISA para a renovación do concerto e en vista das informacións que vimos dispoñendo por distintos medios alleos á Consellería de Sanidade que aínda non contestou a nosa petición de entrevista formulada no pasado mes de outubro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas manifesta o seguinte:
• Resulta totalmente inaceptable que para satisfacer o insaciable afán de lucro de POVISA haxa que entregarlle agora a atención pediátrica. Indigna que se estea a mercadear coa poboación menor de 14 anos do noso Concello e doutros vinculados a ese hospital privado cun colectivo que pola súa idade xera un menor gasto sanitario e, ao mesmo tempo, non se escoite falar para nada da hospitalización a domicilio ou dos coidados paliativos, servizos xa implantados na nosa mesma área sanitaria e dos que carecemos a día de hoxe os veciños e veciñas de Cangas. Será porque, neste caso, se trata de franxas de idade que non resultan tan “rentables” para a carteira de negocio de POVISA?
• Sobre a intención anunciada de establecer o período de vixencia do novo concerto, manifestános totalmente en contra de ter que sumar outros dez anos aos vintesete que xa levamos encadeados a POVISA, algo totalmente contraditorio co manifestado públicamente pola Consellería sobre un cambio no sistema de asignación de hospital na área sanitaria de Vigo. Como se pode explicar que se estea a falar de “libertade de elección” cando ao mesmo tempo se trata de poñer en marcha un novo concerto viculando aos veciños e ás veciñas de Cangas obrigatoriamente a POVISA?
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas pensamos que alternativamente se debería volver a considerar a integración de POVISA no sistema sanitario público deixando de ser un hospital xeral para pasar a converterse, de forma transitoria, nun hospital especializado en determinadas patoloxías para toda a área sanitaria, no marco dun sistema multihospitalario na liña do xa planificado en 2006. Unha alternativa inclusiva co colectivo de traballadores de POVISA e que sinceramente cremos que melloraría as súas condicións laborais e a súa estabilidade laboral.
Por outra banda, requerimos da Consellería de Sanidade que revise o recorte das 300 camas convencionais no novo hospital de Vigo, en relación ao planificado anteriormente, pois ese é o único camiño a seguir para cortar polo san a chantaxe que desde hai máis de dúas décadas ven exercendo POVISA sobre a planificación sanitaria pública.
Finalmente, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos manifestar que baixo ningún concepto imos permitir nin o mercadeo coa saúde dos nosos fillos e das nosas fillas nin que a discriminación de décadas que padecemos en Cangas se prolongue por dez anos máis. Que saiban os gobernantes da Xunta de Galicia, que nese caso buscaremos a maneira de dar a resposta social máis adecuada.

Cangas, 10 de novembro de 2010

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Canta mentira xunta meu deus, que chantaxe vai facer povisa si lle pagan un 30% menos polo mesmo traballo que se fai na publica, anda deixádevos de chantaxes e falade coa consellería que povisa non ten culpa de nada, e menos os seus traballadores que traballan bastante máis cos funcionarios, saen máis rentables as arcas publicas e son bastante máis eficaces e eficientes

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo,xa quisera ver eu a moitos do Morrazo facendo cola na Sanidade pública, para unha simple cita!!! e non te digo para unha intervención!.Deus lle da pan a quen non ten dentes!!!

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger