10 dic 2010
Posicionamento da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo sobre a licitación do novo hospital
Diante da adxudicación da construción e xestión do Novo Hospital de Vigo a unha Unión Temporal de Empresas, prevista para o Consello da Xunta de hoxe, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo quere manifestar o seguinte:
• A construción do Novo Hospital para a área sanitaria de Vigo é unha necesidade reclamada desde fai moito tempo por esta Plataforma.
• O seu retraso supón unha importante discriminación para a cidadanía, xa que recibe unha sanidade pública de peor calidade e con máis listas de espera que a do resto do país.
• A pesares disto, a noticia da súa adxudicación non supón unha boa nova para a Sanidade Pública, xa que o modelo de financiamento e xestión elixido, por unha decisión política, non técnica nin económica, supón unha clara hipoteca que condicionará o futuro da nosa área sanitaria e do conxunto da sanidade pública.
• Este modelo de xestión xa ten demostrado que encarece o servizo público até limites insoportables, que abrirán a porta ao copago e a diminución da carteira de servizos, e suporá un negocio importante para as aseguradoras privadas.
• Este modelo tamén ten demostrado que ofrece peor calidade na asistencia sanitaria que presta á cidadanía, xa temos exemplos claros e coñecidos por todos (e nunca desmentidos pola administración). A precarización e perda de postos de traballo e os criterios economicistas, de beneficio económico condicionando o beneficio social, terán consecuencias que acabaremos lamentando no próximo futuro.
• A área Sanitaria de Vigo volve a ser utilizada para iniciar a privatización da Sanidade Pública, como xa se ten feito con anterioridade: MEDTEC, concerto singular con POVISA.
• Con esta adxudicación xa temos claros os nomes dos futuros donos da Sanidade Pública da área sanitaria de Vigo, e que intereses defenderán; tamén en función de qué principios se fará a Planificación Sanitaria: pérdense os da sanidade pública, gañan os do mercado.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: