27 oct 2010

postheadericon Nota de prensa sobre os orzamentos autonómicos de 2011 para Cangas

Á vista dos ridículos investimentos contemplados nos anunciados orzamentos autonómicos para 2.011 do SERGAS para Cangas, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere manifestar o seguinte

* Que non é de recibo a dotación de 50.000 € destinada á construción do Centro de Saúde de O Hío por parte da Xunta, o cal, contrasta escandalosamente co enorme esforzo de gasto efectuado polo Concello, oito veces superior (400.000 €), para a merca dos terreos, tendo, ademáis, que superar as esixencias postas sorpresivamente a última hora por parte do SERGAS cando se lle ía facer entrega da parcela hai xa meses.

* Que o investimento de 0 € para a construción do Centro de Alta Resolución (CAR) non se corresponde, en absoluto, coa propaganda que ven facendo o SERGAS dos seus propios proxectos e plans para poñer a disposición dos usuarios e usuarias do Morrazo unha infraestrutura tan necesaria para a realización das probas diagnósticas, evitando os grandes desprazamentos aos centros hospitalarios de Vigo.

Por todo iso, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos lembrarlle á Xunta de Galicia que é o propio SERGAS o que ten as compentencias á hora de proporcionar os servizos de saúde e que non vale estar continuamente especulando en clave electoralista ou escudándose nas dificultades, xa sexan burocráticas ou urbanísticas, para non facer o que se debe, neste caso, colaborar estreita e lealmente con todas as administracións implicadas para que esas infraestruturas tan necesarias e urxentes para os veciños e veciñas de Cangas, tal como son o Centro de Saúde de O Hío e o Centro de Alta Resolución do Morrazo sexan unha realidade canto antes.

Cangas, 25 de outubro de 2.010

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger