2 ago 2010
Nota de prensa sobre as listas de espera cirúrxicas en POVISA
A recente publicación das listas de espera cirúrxicas por parte do SERGAS correspondentes ao segundo trimestre do ano, volve poñer en cabeza a POVISA, o centro de referencia asignado aos usuarios cangueses, moi por riba do resto dos hospitais públicos de Galicia. Por facer unha comparación, mentres que o tempo de espera medio deste centro concertado sería de 121, 9 días o do Complexo Hospitalario de Vigo acadaría os 72,2 días de media, 28 o de Valdeorras e 43 o de Verín. Ademais, en relación ao trimestre anterior, correspondente período de xaneiro a marzo, o tempo de espera estrutural cirúrxica, segundo revelan os propios datos oficiais, tende a incrementarse. E todo isto, tendo en conta que nas citas sucesivas de especialidades, as cifras están desvirtuadas, por aprazar no tempo a súa concesión causando novas molestias, desprazamentos e gastos para obtelas, de tal maneira que os pacientes están esperando e non constan nas listas.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos denunciar a discriminación que supón a obrigación para os veciños e veciñas de acudir a un centro privado, cuxos deficits en atención e prestación de servizos son clamorosos como evidencian as frecuentes derivacións a outros hospitais por insuficiencia de medios en canto a espazos e persoal, e reclamamos o dereito dos pacientes do noso Concello a ser atendidos no hospital público correspondente.
Neste sentido, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere anunciar que dará os pasos oportunos para conseguir que antes de nada a Consellería de Sanidade aclare definitivamente se coa construción do novo hospital de Vigo os usuarios de Cangas terán garantida a atención neste centro. Este é un obxectivo considerado esencial para deixar de ser tratados cidadáns de cuarta ou quinta categoría dentro da nosa área sanitaria como queda de manifesto coas listas de espera que agora denunciamos.

Cangas, 2 de agosto de 2.010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

1 comentarios:
Exijan Vdes. la estandarización de las listas de espera, que se hagan en todos por igual. Que los pasos para operarse sean iguales en todos los hospitales.
Entonces, sólo entonces, se podrán comparar las listas de espera que sufrimos los pacientes de Povisa con las del resto de los hospitales de la Red Pública.