1 nov 2012

postheadericon Despois das eleccións, a loita por unha sanidade universal, pública e gratuíta continúa

Despois de celebradas as eleccións autonómicas, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, queremos manifestar o seguinte:
  1. Que existe unha maioría de cangueses e canguesas que o pasado 21 de outubro optaron nas urnas polas opcións que se pronunciaban en contra dos copagos, dos recortes e das privatizacións nos servizos públicos, sendo derrotado o partido que goberna nestes momentos en Madrid e Compostela, ao obter unha cantidade de votos considerablemente inferior en Cangas. A cidadanía tiña motivos abondo para expresarse desta maneira diante da pasividade e os incumprimentos de compromisos adquiridos polo Partido Popular como son a non construción do Centro de Alta Resolución do Morrazo, do centro de saúde de Aldán-O Hío e a redución do proxecto do Novo Hospital de Vigo que só beneficia a POVISA.
  2. Que tal como indican estes resultados, sentímonos especialmente animados a continuar a loita contra as medidas, aínda máis duras, que están por vir co rescate que se anuncia e que ameaza con proseguir coa demolición dos servizos públicos en xeral e do sistema público de saúde en particular. Neste sentido, desde a Plataforma tentaremos impulsar en Cangas as alianzas necesarias co resto do movemento social e sindical para, nun proceso realmente aberto, participativo e sen exclusións, articular as iniciativas e convocatorias de resposta ás agresións que, coa excusa da crise, está a perpetrar o gran capital financieiro e transnacional a través dos gobernos títeres que non nos representan.
  3. Que, sendo a Plataforma unha iniciativa cidadá, apoiamos a convocatoria de Folga Xeral para o próximo 14 de novembro feita polas centrais sindicais, xa que consideramos que para parar o saqueo ao que estamos sometidos é necesaria a mobilización de todos e todas os que día tras día ven disminuidos e recortados os seus dereitos sociais e laborais.
Cangas, 31 de outubro de 2.012
15 oct 2012

postheadericon Galicia, antes e despois da xestión de Feijoo

Este domingo publicaba "Atlántico Diario" unha comparativa en distintas áreas desde a chegada do goberno de Feijoo ao goberno da Xunta á situación actual. No que respecta á sanidade os datos son ben elocuententes. A única "mellora" que se pode apreciar no gráfico son as "Listas espera total pacientes", pero hai que ter en conta que os datos de 2012 son o resultado dunha exhaustiva manobra de maquillaxe a base de camuflar pacientes nas listas de espera non estruturais que non aparecen nas estadísticas públicas.
Publicado en Atlántico Diario (pdf)

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger