4 abr 2012
SOS Sanidade Pública esixe trasparencia co Novo Hospital de Vigo
Ante as noticias de que alcaldes do Partido Popular da área de Vigo se manifestaron públicamente para que o Concello de Vigo sufrague os gastos para dotar de infraestruturas auga, electricidade, alcantarillado e fibra óptica do Novo Hospital de Vigo a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo quere comunicar a estes edís e a opinión pública:
- A necesidade de que os edís populares esixan á Consellería de Sanidade que mostre publicamente o Plan de Execución do Novo Hospital e os recursos dispoñibles para facer fronte á obra, dado que esta Plataforma ten coñecemento de importantes reducións no Proxecto Inicial e a incapacidade das empresas financeiras adxudicatarias da obra que pon en cuestión a execución da obra e o carácter estratéxico do Centro e a súa capacidade para facer fronte ás necesidades hospitalarias da área de Vigo á que eles pertencen.
- As ameazas de mobilizar á cidadanía en defensa dun centro privado que está, ademáis, sometido e enormes recortes, supón unha burla á opinión pública e pode contribuír a desencadear unha dinámica de enfrontamento social de consecuencias imprevisibles, dado o enorme rexeitamento o financiamento e xestión privada e os recortes do mesmo espertan entre a cidadanía da área.
Etiquetas:
novo hospital,
sos sanidade publica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: