8 abr 2012
Para comezar, 1€ para calmar aos mercados e á señora Merkel
Se os Orzamentos Xerais do Estado lle son presentados á CDU (o partido de Merkel) antes que ao Parlamento Español, a ninguén lle pode extrañar que o ministro Guindos vaia a un xornal alemán a anunciar próximas reformas en educación e sanidade. Estas declaracións, non por inesperadas, teñen provocado fonda inquietude desde que en Cataluña se acordase a implantación da taxa de 1€ para as recetas médicas a partir do próximo mes de xuño e se teña emprendido un proceso de privatizacións na Sanidade Pública sen precedentes.
Hoxe, Ana Mato, ministra de Sanidade, manifestaba nunha entrevista que ela non vai "impoñer" nada, dando a entender que deixa en mans do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que participan as distintas comunidades autónomas, a decisión de adoptar calquer medida de copagamento. En Galicia, tanto o Presidente da Xunta como a Conselleira de Sanidade, xa se teñen mostrado comprensivos coas medidas adoptadas pola Generalitat, polo que non resulta dificil adiviñar cal vai ser a postura que van defender, xuntamente con outras comunidades gobernadas polo Partido Popular e que conforman a maioría daquel organismo consultivo na sesión a celebrarse este mesmo mes de abril.
Resulta curioso constatar que o nacionalismo catalán que sempre se pronunciou en contra do "café para todos", actuando agora como avanzadilla neoliberal no Estado Español, estea provocando precisamente un movemento en sentido totalmente contrario a aqueles postulados, entregándolle a Madrid a posibilidade de impoñer, a partir do clamor "popular", o "copagamento para todos"; un impulso ao proxecto recentralizador dos populares coa absorción das competencias que recoñece o sistema autonómico na xestión e planificación sanitaria, en aras dunha suposta "non discriminación" das cidadanías das distintas comunidades. Unha "igualdade" por abaixo, á medida da ideoloxía ultraconservadora e reaccionaria dos Rajoy, Feijoo, Mas, Cospedal, Aguirre,... atendendo ás suxestións que lles trae Guindos de Berlín e Bruxelas para calmar aos "mercados".

Etiquetas:
copago
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: