13 abr 2012

postheadericon O esperpento dos alcaldes

Nestes últimos días estamos a asistir a toda unha posta en escea do PP arredor das obras do futuro hospital de Vigo cun dobre obxectivo:
  • ocultar á opinión pública a pretensión da Xunta de Galicia de que o Concello de Vigo pague  con cartos públicos a urbanización  a un grupo privado que vai a lucrarse a conta da saúde de todos nós
  • agachar a súa responsabilidade nos retrasos na execución da obra e a posible paralización debido a difícil situación económica pola que atravesan as entidades financieiras (bancos e caixas) que a promoven, acusando  aos que sempre defendemos un gran hospital público e nos opuxemos a súa privatización
Un dos actos desta obra do xénero burlesco tivo lugar o pasado 3 de abril, cando trece  alcaldes da nosa área sanitaria pertencentes ao Partido Popular xuntáronse en Vigo, no barrio de Valadares, para "reivindicar" un Novo Hospital recortado que terá 400 camas menos das que estaban previstas inicialmente; un centro hospitalario construído coa iniciativa privada e que obrigará aos orzamentos públicos, intervidos "de facto" pola Europa dos banqueiros, a facer fronte durante 20 anos a uns cánones impagables as empresas construtoras.
Hai que apuntar que, xa con anterioridade, nos prolegómenos da comedia, o número 1 do PP en Vigo, Chema Figueroa, tiña mostrado o seu apoio á ampliación de POVISA, outra empresa privada que pretende con cartos públicos montar 100 camas máis que se unirían ás que neste momento lle empresta ao SERGAS.
Estas actuacións encaixan perfectamente, pois sabemos que quen dirixe toda a representación desde as bambalinas é a Conselleira de Sanidade, xerente do Hospital NªSª de la Esperanza en Santiago pertencente ao grupo empresarial de POVISA, antes de meterse a política.
Como artistas invitados tamén asumen un papel destacado o actual Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, vinculado anteriormente a "Puentes y Calzadas", unha das empresas concesionarias do Novo Hospital de Vigo ou Telmo Martín, deputado no Congreso polo Partido Popular e candidato frustrado á alcaldía da cidade de Pontevedra, administrador único de "Hierros Santacruz", empresa que traballa como subcontratada tamén nas obras de Valadares, sen esquecer ao ministro de Lehman Brothers, Guindos, que antes de formar parte do goberno de Rajoy fora xefe de servizos financieiros de PwC, a consultora contratada para a adxudicación do Novo Hospital de Vigo.
O final de toda esta posta en escena resulta indignante: un fato de rexedores municipais do Val Miñor e do Morrazo acaban dando o apoio a unhas medidas que van deixar aos seus veciños e veciñas do Morrazo sen posibilidade de acceder ao Novo Hospital de Vigo recortado xa que van quedar definitivamente encadeados á remozada e ampliada POVISA.
Diante desta situación as Plataformas asinantes darán os pasos necesarios para que os alcaldes dean unha explicación dun comportamento tan esperpéntico no municipio veciño, o cal, desgrazadamente contrasta coa desidia e desinterese nos seus propios concellos fronte á Xunta de Galicia para que impulse o Centro de Alta Resolución do Morrazo, por exemplo.
O Morrazo, 12 de abril de 2.012

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger