23 mar 2012

postheadericon A Xunta oculta as súas intencións de introducir a taxa por receita médica

Hoxe o Presidente da Xunta tentou remendar o descosido da Sra. Mosquera na entrevista que condeceu á TVG esta semana. Con todo, xa non cabe dúbida do posicionamento do goberno da Xunta sobre o repagamento por receita médica. A Conselleira de POVISA xa o deixou moi claro: "persoalmente" parécelle unha boa medida. Máis alá xa tiña ido o Presidente Feijóo, que o pasado mes de decembro se mostrara decididamente partidario de tirarlle aos/ás pensionistas e xubilados/as a exención universal do 100% no pagamento dos medicamentos. E é que a axenda política está a provocar un bamboleo de declaracións e desmentidos, que moito nos tememos que terán a súa confirmación á volta da esquina. Probablemente despois das eleccións andaluzas.
De momento moito traballo para as axencias de imaxe e propaganda do partido gobernante que está a experimentar un importante tirón privatizador encabezado polo sector máis extremista, representado pola Presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, que xa se ten manifestado no mesmo sentido que Feijóo e Mosquera.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger