22 mar 2012

postheadericon Efectos directos e colaterais das medidas do axuste neoliberal para a saúde

Persoal sanitario nunha marcha
 contra os recortes orzamentarios
 en Grecia.
A Reforma Laboral penalizará co despido o poñerse enfermo, agudizará as enfermidades profesionais dos que non se atrevan a coller unha baixa e porá en perigo a saúde daqueles que deban compartir espazos co traballador portador de enfermidades contaxiosas.
Por súa parte, os recortes en distintos programas e protocolos de detección precoz e de prevención de determinadas doenzas (cancros, VIH/SIDA,...) cebaránse especialmente naqueles sectores máis desprotexidos e marxinais socialmente; naqueles individuos que non podan pagar consultas e chequeos rutinarios e especializados.
A experiencia de Grecia, vítima de sucesivos "rescates" do capital financieiro (FMI-BCE-UE), mostra no seu extremo que tanto o aumento dos suicidios como o descenso da esperanza de vida son tamén consecuencias colaterais da "solución" neoliberal á crise.
Estas ligazóns fan alusión a iso.

El 30% de los oncólogos cree que los recortes afectan a la supervivencia de los pacientes

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger