19 mar 2012

postheadericon Un indignante caso, digno de ser investigado a fondo

Rajoy, Telmo Martín e Feijóo
12.000 toneladas de aceiro, afírmase na páxina web do SERGAS, serán necesarias para levantar o Novo Hospital de Vigo. Chegados a este punto aí están no sitio e no lugar adecuado os "amigos", como Telmo Martín da empresa "Hierros Santa Cruz SL", subcontratando coas grandes concesionarias parte da ferralla da obra.
Este señor, candidato frustrado á alcaldía de Pontevedra e deputado en San Lázaro polo Partido Popular, tivo ademáis a desvergonza de gabar no seu blog de campaña as marabillas do modelo construtivo da Promoción Público-Privada para o Hospital de Pontevedra coa vista posta, claro está, no seu propio beneficio.
En Cataluña queren levar a algún responsable político da Generalitat aos tribunais. Que falta para que se investigue aquí a fondo o caso deste "representante da vontade popular" que aproveita a súa carreira política e as súas relacións privilexiadas co poder para sacar suculentas vantaxes económicas?
Si, investigar e se fai falta xulgar, porque a cidadanía ten dereito a saber se neste tipo de comportamentos indignantes hai responsabilidades penais ou se, en caso de absolución con xurado popular ou sen el, o que realmente está a fallar aquí son as propias bases do SISTEMA.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger