18 mar 2012
Feijoo esquece ao Morrazo no debate sobre o "estado da autonomía"
O Sr. Feijóo, Presidente da Xunta, preferiu mirar para outro lado na súa intervención no debate sobre o "Estado da Autonomía" que tivo lugar o pasado martes no Parlamento de Galicia, esquecendo as demandas dos concellos do Morrazo en materia sanitaria.
En canto ao compromiso de elaborar unha lei sobre as listas de espera que garanta aos pacientes un prazo máximo para ser atendidos, temos que lembrarlle que os veciños e veciñas do Morrazo e demáis concellos baixo a bota de POVISA acadamos, segundo os datos oficiais do SERGAS, xa no último trimestre de 2011 un tempo de espera medio para as intervencións cirúrxicas de 187,3 días (83,8 de media no resto dos hospitais de Galicia), superando o prazo máximo que se pretende fixar de 180 días para calquer tipo de operación. Por suposto, seguindo o camiño tracexado desde o comezo da lexislatura POVISA aparece como un caso especial que nunca merece ser tratado e para que non estrague as medias numéricas que cociñan cada tres meses, ultimamente tamén segregan os seus resultados do cómputo xeral de toda Galicia.
A respecto dos compromisos pendentes como o Centro de Alta Resolución do Morrazo nin palabra. Resulta indignante que se lles encha a boca continuamente para dicir que eles non son de maqueta nin de moqueta, cando nesta lexislatura non foron quen de chegar a ningún acordo para impulsar esta infraestrutura nin se lle coñece tampouco documentación sobre o tema.
Pola contra, na comparecencia no hemiciclo parlamentario, toda a enerxía de goberno se lle foi en vendernos o NHPV (Novo Hospital Privado de Vigo) e o de Pontevedra. Para iso si hai cartos.

Etiquetas:
listas de espera,
povisa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: