16 mar 2012
SOS Sanidade Pública en contra do copago nos medicamentos
A Plataforma SOS Sanidade Pública ante a aprobación do COPAGO en Cataluña e o anuncio de Núñez Feijoo de que pretende introducir o copago nos medicamentos queremos denunciar:
- Que a Consellería e o PP pretende incumprir as súa promesa electoral de que non ían introducir o copago en sanidade.
- De que isto suporá socavar un dos alicerces da nosa sanidade pública redistributiva e accesible, ao introducir un novo imposto que grava a enfermidade, mentres se tolera unha fraude fiscal que alcanza o 25% do PIB e redúcense impostos aos máis ricos (sociedades, transmisións, etc).
- O copago afectará aos sectores con mais necesidade de atención como son os maiores de 65 anos que necesitan tres veces máis asistencia e medicamentos e que perciben unhas pensións medias ao redor dos 600 euros mensuais en Galicia. Só o 2% de los pensionistas gaña máis de 2000 euros ao mes.
- Que tamén afectará á atención de amplas capas sociais como os parados que supón xa o 25% da poboación ou o 60% de asalariados que perciben menos de 1000 euros mensuais.
- A capacidade recaudatoria desta medida será ridícula e os gastos administrativos compensarana con fartura, pero o que realmente se pretende é introducir os mecanismos de mercado na sanidade como paso previo á súa privatización.
Etiquetas:
copago,
sos sanidade publica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: