18 mar 2012

postheadericon Capio rompe as negociacións con Ribera Salud

Esta fin de semana saltaba aos medios a ruptura definitiva das negociacións para a venda de Ribera Salud a Capio que xestiona actualmente 25 hospitais no Estado Español. Tanto a CAM (recentemente adquirida polo Banco de Sabadell ao módico prezo de 1€) como Bankia, os propietarios ao 50% do conglomerado valenciano de hospitais PFI´s e outros negocios sanitarios, están actualmente intervidas polo Estado que lles obrigaba a vender para capitalizarse e saír dos ratings "lixo" no que as calificadoras de Wall Street as tiñan situadas. Sobre o resultado inesperado da operación, pois se contaba con que se pechase a comezos deste ano, pódense facer distintas especulacións.
Por unha banda, Rato (presidente de Bankia) consigue nas últimas semanas un respiro grazas ao "bufé" aberto polo Banco Central Europeo, no que apañou case 20.000 millóns de euros ao 1% co que espera facer o negocio do século emprestándollo aos concellos arruinados ao 5% e mercar Bonos do Estado ao 3% ou 4% engordando, de paso, a débeda pública que permitirá xustificar posteriormente máis privatizacións.
Pero, todo parece indicar que a razón de fondo é o "default" técnico das finanzas da Comunidade Valenciana, concesionista dos hospitais de Ribera Salud. Os propietarios actuais de Capio, o fondo de capital-risco CVC Capital Partners, con sede social en Londres e Luxemburgo, non se fían un pelo da estabilidade das contas que manexa neste momento o sucesor de Camps. E, xa se sabe, detrás das marabillas que tamén nos conta aquí Feijóo sobre a Iniciativa Público Privada para construir hospitais e outras infraestruturas, está o desfondamento das arcas públicas pagando canons con "transferencia de risco" de ida e volta, como xa sucedera en 1996 co Hospital de Alzira, a "xoia da coroa", que tivo que ser rescatado pola Generalitat Valenciana para ser entregado de novo aos seus proxenitores limpo de po e palla.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger