17 feb 2012
A Xunta teima na construcción do Hospital de Pontevedra pola vía privatizadora
Ante a noticia de que a Xunta de Galicia deu luz verde ao decreto de supramunicipalidad para a construción do Novo Hospital de Pontevera acolléndose á fórmula de Financiamento Prvada , a Asociacion para a Defensa da Sanidade Pública de Pontevedra quere comunicar que consideramos que esta declaración pode responder a dous obxectivos que rexeitamos rotundamente.
- O farol de manter a ficción dun novo hospital que solucione os graves problemas asistenciais asociados a manter o actual Complexo Hospitalario dividido en dous edificios , coa fractura funcional e asistencial que isto supón, que e está repercutindo sobre a calidade das atención dos pacientes. Respecto disto a nosa Asociación volve recordar que o proxecto de ampliación de Montecelo para levantar o Hospital Único leva máis de tres anos paralizado.
- O empecinamento nunha política obscena de levantar un hospital mediante unha fórmula que multiplica por máis de sete o custo da obra (opor máis de dez a alternativa de ampliar Montecelo) , cando se deixa ás persoas sen recursos sen dereito á asistencia, faise pagar as próteses aos operados, redúcese a asistencial do hospital ( incrementando así as listas de espera), suprímense servizos de ambulancia, paralízase a construción de centros de saúde ou se conxelan as prazas de medicos de familia ou enfermería necesarios para acabar coa masificación da tención primaria, etcc, etc. en base á crise económica.
Etiquetas:
novo hospital pontevedra,
pfi
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: