16 feb 2012

postheadericon Madrid: En qué se gasta o diñeiro público a Consejería de Sanidad?

- As empresas propietarias dos 8 hospitais privados, (Dragados, FCC, Acciona, Sacyr, Begar-Ploder, Hispánica, CVC Capital Partners etc.) en só 5 anos de funcionamento xa recuperaron 990 millóns de euros (investiron 840 millóns de euros na súa construción), para 2012 as súas ganancias chegarán aos 150 millóns de euros. É dicir que desde 2012 a 2037 as citadas empresas xa só obterán beneficios. Todo este capital dos madrileños que se paga ás empresas construtoras polo aluguer durante os próximos 30 anos, poderíase investir na realización de hospitais e centros de titularidade exclusivamente pública.
- A C. de Sanidade pagará 1.840.824 euros á empresa GERENS HILL INTERNACIONAL nos próximos dous anos por supervisar ás concesionarias dos novos hospitais. Estes hospitais son: Puerta de Hierro (Majadahonda), Infanta Cristina (Parla), Henares (Coslada), Infanta Leonor (Vallecas), Infanta Sofía (San Sebastián de los Reyes), Sureste (Arganda), Tajo (Aranjuez). Que ten que supervisar esa empresa?, seica non existe unha D.G. de Hospitais e unha D.G. de Xestión Económica que en caso necesario podería facer esa función?
Publicado en Boletín Informativo nº 3 de SAS (Sindicato Asambleario de Sanidad de Madrid)

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger