postheadericon Manifesto da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas

Esta Plataforma nace para defender os intereses dos cidadáns pacientes-usuarios do concello de Cangas. Queremos un sistema de saúde 100% público e estamos en contra do modelo privatizador que o actual goberno quere extender a todos os niveis, desde a atención hospitalaria ata a primaria.
Por outra banda, aos veciños de Cangas estásenos a obrigar a acudir aos servizos hospitalarios dunha empresa privada (POVISA), o que consideramos unha discriminación que nos perxudica en canto atención, dotacións e calidade.

Por todo exposto a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas defende:
  • Que os usuarios-pacientes de Cangas podamos acceder ao novo hospital de Vigo unha vez construído para acabar coa discriminación a respecto do resto dos cidadáns da área sanitaria.
  • Que se constrúa o necesario Centro de Alta Resolución para a zona sur do Morrazo como medio fundamental de achegamento do servizo de diagnóstico ao cidadán mellorando o acceso aos especialistas, disminuíndo os tempos de espera e dando maior rapidez aos tratamentos.
  • Que o novo centro de saúde de O Hío se constrúa coa maior celeridade posible.

Pola defensa da sanidade 100% pública!!
Polo dereito dos veciños de Cangas de acudir ao novo hospital de Vigo!!

SOS Sanidade Pública
C. de Saúde do Hío, XA!
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
Polo CAR para o Morrazo
Redes sociais
Síguenos
100% público
100% público
POVI$A: listas de espera
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.
Informe POVISA
Kiko da Silva
Kiko da Silva
Alianza Social do Morrazo
Alianza Social do Morrazo
Páxinas vistas
100442
Powered By Blogger