4 feb 2015

postheadericon #Stop ERE POVISA, basta xa de chantaxes

A  Reforma Laboral do Goberno de Rajoy  non puido ser máis oportuna para Povisa,  xa que nela  se contempla que "as empresas con beneficios poden emprender un ERE extintivo si acreditan previsión de pérdidas", o Grupo Nosa Terra, propietario de POVISA, presenta un ERE para 56 dos seus empregados argumentando unha previsión de pérdidas para  o 2015.

Unha vez máis e como práctica habitual do grupo Nosa Terra, os empregados de POVISA son chantaxeados e ameazados pola empresa, a pesar de esta ter asinado en septembro de 2014 co SERGAS, por dez anos máis un concerto polo que cobrará 90 millóns de euros anuais, cifra de escándalo si temos en conta que o canon a pagar pola construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ascenderá a 71 millóns de euros.

Este ataque aos traballadores da dirección de Povisa tamén ten consecuencias na atención  aos pacientes da sanidade pública que son atendidos nese centro e que sempre son convertidos en reféns por un lado das amenazas do señor Silveira e por outra banda padecen as politicas neoliberais aplicadas dende a Xunta de Galicia, xa  que desde que chegou a Presidencia Alberto Nuñez Feijo non da resolto ningún dos problemas importantes que temos na Ärea Sanitaria de Vigo e polo tanto no Morrazo continuamos padecendo descriminación na atención sanitaria que como cidadáns nos corresponde.


Como é de coñecemento público os ratios de persoas e cama por habitante son inferiores á dos hospitáis públicos. Tamén acabamos de coñecer nos medios de comunicación que este hospital ten as listas de espera máis longas de toda Galicia. Dende as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, non deixamos de sentir preocupación ante o anuncio do señor Silveira Cañizares manifestando que a perda de 4.500 cartillas da sanidade pública vai supoñer menos ingreso por parte da Consellería de Sanidade. Estimamos que unha manifestación así, debe facerse con papéis e acreditala presentando as condicións do Novo Concerto

Dende as Plataformas de Cangas e Moaña estamos convencidos que esta reducción de plantilla traducirase en peor calidade na atención aos pacientes, aumento das listas de espera e o emporamento das condición laborais do resto de empregados a verse aumentada a súa carga de traballo.

Dende as Plataformas de Cangas e Moaña, queremos amosar o noso apoio tanto a traballadores/as como aos usuarios do centro e volvemos a esixir á Xunta de Galicia  que publique dunha vez por todas os contidos do Novo Concerto e impida que o proxecto de recorte de persoal sigua adiante.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Canta mentira xunta. Máis traballo e menos política. Fai uns días publicouse nun periódico bastante importante nesta comunidade autónoma que había 19.000 pacientes no CHUVI sen incluir nas suas listas de espera, incluindo dous testimonios que levaban 2 e 3 anos esperando a ser operados. Anda deixar de mentir.
Por outra banda, poñedes a parir a POViSA día si día tamén co conleva que perseguides a 1.400 traballadores. E agora vindes con que hai que hai que apoiar a estes traballadores¿a qué xogades?. Queredes que esta xente traballe ou non. Queredes cargarvos a miña empresa (son traballador) e queredes que que non me despidan. Se queredes que traballe non persigades a empresa que me da traballo.
Como sempre vos digo máis traballo e menos POLÍTICA.
P.D. a ver si leedes algo máis que a vosa versión e poñedes por exemplo o novo acordo con ATRESMEDIA para que os nenos ingresados en POVISA podan mirar un canal infantil todo o tempo que queiran.

Anónimo dijo...

¿Porqué no sumais a los 71 millones del nuevo hospital todos los sueldos del personal, equipamiento y su mantenimiento, medicinas, prótesis,...?. Menos mentir y más trabajar, panda de liberados y politicuchos

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger