12 feb 2015
Inaceptable e inxusta a expulsión dos enfermos hepatite C do parlamento galego
Ante a información de que enfermos de Hepatite C , que seguían o debate dunha iniciativa, apoiada por toda a oposición, que instaba á Xunta a garantir o acceso á novas terapias contra esta enfermidade, foron expulsados do Parlamento de Galicia, desde a Asociación Galga para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
![]() |
Foto: EFE |
1.- De xeito inmediato adminístrense estes medicamentos aos enfermos graves afectados por esta enfermidade, que non poden esperar por estar en risco de morte.
2.- A subcomisión de hepatite de Galicia acelere a tramitación dos expedientes pendentes de resolver para o tratamento destes pacientes e que se publiquen os posibles conflitos de interese dos seus compoñentes, dado que na Comisión creada polo Ministerio de Sanidade a práctica totalidade dos mimos tiñan intereses relacionados con industria farmacéutica.
3.- A Xunta de Galicia esixa ao Ministerio de Sanidade a fabricación deste fármaco como xenérico, como se esta facendo en países como a India que gañou un recurso internacional neste sentido ao considerar que o Sovaldi non é unha novidade terapéutica patentable.
4.- Non é de recibo que o Ministerio negociase e fixase un prezo exorbitante co laboratorio Gilead de 25.000 dólares, que deben ser sufragado por unha CCAA que non foron invitadas a participar na negociación
5.- Consideramos inaceptable e inxusto o trato dado a un colectivo cunha grave problema de saúde que non está recibindo a resposta do sistema sanitario polos recortes do sistema e enfrontamentos comerciais entre empresas multinacionais
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
12 de febreiro do 2015
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: