18 ene 2015
A AGDSP solidarizase cos/as traballadores/as de POVISA e esixe á Xunta que impida o ERE

1.- Novamente POVISA ameaza aos seus traballadores con despedimentos malia que o novo Concerto mellorou substancialmente o seu financiamento. Habería que recordar que este
centro privado ten menos persoal e menos recursos que os centros sanitarios públicos e condicionou as camas, servizos e recursos previstos para o Novo Hospital de Vigo, reducidos drasticamente para manter a POVISA como hospital de área.
centro privado ten menos persoal e menos recursos que os centros sanitarios públicos e condicionou as camas, servizos e recursos previstos para o Novo Hospital de Vigo, reducidos drasticamente para manter a POVISA como hospital de área.
2.- Pese á ausencia de información oficial sobre os contidos do novo Concerto, parece que a Xunta financiará a POVISA con 90 millóns de euros anuais, cifra escandalosa si temos en conta que o canon a pagar pola construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ascenderá a 71 millóns de euros.
3.- A estratexia da tensión está sendo utilizada desde fai tempo por POVISA, que xa ameazou con outro ERE no ano 2010 (en pleno proceso de negociación co SERGAS), probablemente coa finalidade de que os seus traballadores presionasen á Administración para a renovación do Concerto.
Desde a nosa Asociación queremos mostrar o noso apoio e solidariedade cos traballadores/as e cos cidadáns usuarios do centro (que soportan unhas listas de espera que duplican as do área de Vigo) e esiximos á Xunta que publique dunha vez por todas os contidos do novo Concerto e impida que o proxecto de recorte de persoal siga adiante
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

1 comentarios:
Estou de acordo co do apoio ós traballadores pero o voso é de traca ( e eu son traballador eh), e explico porque é de traca:
1.- Poñedes a parir ós traballadores e a POVISA decindo que non se atende ben a xente.
2.- Recordando cada dous por tres que si hai moitas denuncias no valedor do pobo en contra de POVISA e os seus traballadores.
3.- Perseguides en cada artículo a este hospital (no cal hai cousas que mellorar por suposto) e queeredes que desapareza xunto cos seus 1400 traballadores COS QUE AGORA VOS SOLIDARIZADES jajajajjaaj, DE TRACA,DE TRACA. Primeiro queredes deixarme sen traballo e agora solidariedade.
Menos política e máis traballo.
P.D. Seguides mentindo en moitas cousas sobre o concerto de POVISA, por exemplo na cantidade que se percibe ó ano.