15 dic 2014
O xerente do EOXI continúa "a dar a calada por resposta"
Dende as Plataformas en Defensa da Sanidade Púlica de Cangas e Moaña, tras non obter resposta á solicitude presentada perante a Xerencia de Xestión Integrada do CHUVI, o pasado día 27 de outubro de 2014, o 03 de decembro presentamos por rexistro unha nova solicitude, nesta ocasión respaldada por diferentes asociacións do Morrazo, na que continuamos a pedir unha reunión co xerente, para poder trasladar as inquedanzas recollidas nas diferentes charlas-coloquio impartidas polas parroquias de Cangas e Moaña, ademáis de amosar o noso interese nunha visita guiada ás instalacións do Novo Hospital.
Lamentamos esta actitude por parte do Xerente do EOXI, na que "dando a calada por resposta" está a amosar o maior dos desprezos polos usuarios que confían e que optaron pola sanidade pública no proceso de libre elección de hospital aberto ata o pasado 30 de novembro de 2014, mediante a Instrucción 7/14 da Consellería de Sanidade.
Dende as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, non permitiremos que nos "dean as uvas" aguardando respostas e continuaremos esixindo a mencionada reunión, utilizando para iso, todos os mecanismos que teñamos ao noso alcance.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

1 comentarios:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/12/27/nuevo-atasco-urgencias-chuvi-pacientes/1156377.html
Non debería pasar pero vos seguide perseguindo a POVISA e que estes hospitais sigan masificados. Espero que ningún dos que cambiaron para o CHUVI lle tocase esta vez.