14 nov 2014

postheadericon ¡¡¡ 1.500 tarxetas !!! suma e sigue

O Sergas e a Señora Conselleira de Sanidade deberían tomar boa nota da actitude que está a manifestar a veciñanza do Morrazo ante a necesidade de información sobre o cambio de hospital.

Boa mostra é a asistencia masiva ás charlas convocadas polas Plataformas do Morrazo durante estes días.

Unha vez máis queremos agradecer públicamente a súa presenza nas diferentes charlas que estamos realizando na comarca, sendo a próxima “parada” no Centro Cultural de Coiro, o vindeiro sábado 15 de novembro, ás 17 horas, onde intervirán:
Carmen Nores (Portavoz da Plataforma en Defensa da sanidade Pública de Cangas), José Penelas e Ana Portela (Membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas)

A pesares do desprezo que a Conselleira e os responsables do SERGAS deixaron patente en todo este proceso, tanto no que respeita ao Concerto asinado en setembro co hospital privado POVISA (con opacidade e sen informacion aos partidos politicos, sindicatos ni asociaciones e moito menos á cidadanía) como ao que se refire á libre elección de hospital (ocultación, penalización e falta de democratización), a respostas por parte dos/das usuarios/as do Morrazo foi clara e contundente:

Só no Morrazo, xa están cubertas o total de 1.500 tarxetas sanitarias que o SERGAS manexaba para toda a Área de influencia de Povisa.

Ao número total de tarxetas sanitarias de cambio do hospital de POVISA á Sanidade Pública, deberíamos sumar as das persoas á espera de intervencións quirúrxicas, consultas ou probas, que angustiadas polas penalizacións anunciadas polo SERGAS, como é o “reinicio” nas listas de espera, non deciden dar o paso adiante neste proceso histórico para o Morrazo. Polos datos que as Plataformas manexamos estaríamos a falar de triplicar os xa efectuados (4.500 tarxetas só no Morrazo).

As movilizacións das Plataformas e da veciñanza do Morrazo desde o coñecemento do Concerto no mes de setembro deberian servir para que a copia do devandito Concerto fora pública ou, polo menos, xá fora entregada aos representantes políticos tal como o esixiron no Parlamento.

Na Consellería de Sanidade, deberían estar preocupados, pois as contas non saen como pensaban, tanto que o Grupo Parlamentario do Partido Popular viuse obrigado a presentar unha solicitude o pasado dia 22 de outubro (chamanos a atencion que é o mesmo dia da charla da Plataforma en Cangas) solicitando tamen a publicidade sobre o proceso de libre elección do hospital e coñecemento do Concerto de Povisa.

Dende as Plataformas queremos animar a toda veciñanza do Morrazo a dar un paso adiante e aproveitar este momento histórico, xa que por primeira vez e durante un prazo moi determinado (só ata o 30 de novembro), temos a oportunidade de escoller entre un hospital público e de calidade ou un hospital privado, que ademáis de facer negocio coa nosa saúde,  conta con menos ratios de facultativos e persoal de enfermeria por cama e habitante con respecto ao CHUVI, con menos carteira de servizos ca sanidade pública, un hospital ao que lle permiten non cumplir a Lei de Garantias, un hospital que ten a lista de espera quirurxica mais longa de toda Galicia e beneplácito da Consellería poderá triplicar estas cifras sen ser penalizado por iso.

HADO

Para finalizar dende as Plataformas do Morrazo queremos tamén poñer de manifesto que nos sorprende que sexa presentado o Servizo de HADO -foto incluida dos alcaldes de Cangas e Moaña- neste preciso momento, no que se abre o proceso de libre elección de hopistal. Un servizo demandado polas Plataformas do Morrazo durante tantos anos, alegrámonos e damos á benvida, mais non deixa de parecernos moi sospeitoso que sexa “aquí e agora”.


No que ao seu funcionamento se refire, estaremos alerta, pois o persoal dos diferentes centros de saúde poden verse ainda máis  desbordados por unha carga de traballo a maiores da que xa están soportando na actualidade, grazas aos correspondentes recortes de recursos e persoal, aplicados polo Ministerio e pola Consellería de Sanidade, a raíz da hoxe máis que dubidosa e mal chamada crise.


Dossier de prensa

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Lamentable o voso de verdade, lamentable esta persecución a 1400 traballadores, 1400 traballadores que queredes deixar na rúa. Deixade de mentir sobre o meu hospital, si o meu hospital POVISAAAAAAAA. Porque traballo alí, e sei que se traballa ben. Porque donde eu traballo mandandos mostras do Sergas e tardamos 15 días ou un mes menos que un hospital público dos que tanto presumides. Por que vou a urxencias e tardan 4 horas menos de media en atenderme que nun hospital público.
Deixade de perseguir o meu traballo políticos, sodes o peor da sociedade.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger