28 mar 2014
A Xunta tamén privatiza os laboratorios
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere mostrar o seu rexeitamento ás novas privatización es do sistema sanitario público galego adoptadas recentemente pola Xunta de Galicia e que supoñen un novo paso adiante na estratexia desmantelamento da Sanidade Pública na nosa Comunidade Autónoma:
- Consideramos escandalosa a adxudicación a laboratorios privados (e de reducidas dimensións) todas as probas analíticas avanzadas, de xenética e de bioloxía molecular, cando temos uns laboratorios de alta cualificación e experiencia profesional nos Hospitais Públicos con medios técnicos e humanos, de recoñecido prestixio nos medios internacionais abalados con múltiples traballos e publicacións científicas:
- Esta medida de privatización, supón a marxinación e descapitalización dos laboratorios dos grandes hospitais públicos de Galicia, nun paso mais na privatización por parcelas que esta a facer o Goberno da Xunta do Partido Popular da nosa Sanidade.. Esta medida condena a os especialistas do sistema público a obsolescencia, a marxinación científica e o despedimento no posto de traballo..
- Pon en risco a confidencialidade dos datos xenéticos das persoas, que serán utilizados con fins comerciais polas grandes multinacionais que están detrás destes laboratorios presididos por personaxes relacionados empresarialmente coas mesmas (e con políticos do PP que entran e saen das administracións na chamada porta xiratoria)
- Os prezos das adxudicacións (que pódense considerar como temerarios e insostibles a medio prazo), permitiran a estes laboratorios quedarse coa concesión para posteriormente chantaxear á administración coa pechadura si non se lles incrementan o prezo (ao non existir alternativa pública para cubrir estes servizos, o exemplo do Concerto Singular de POVISA ilustra esta afirmación).
- Pon novamente en evidencia a política da Xunta de Galicia de vender os recursos mais avanzados da nosa CCAA a empresas madrileñas, aragonesas, catalás ou multinacionais de paraísos fiscais.
- Tampouco parece aceptable a privatización o mantemento e fornezo energético do Complexo Hospitalario público de Ferrol e do Hospital Naval desa cidade, adxudicados a dúas empresas como Ferrovial e Endesa. A decisión é especialmente preocupante no caso de Ferrovial condenada recentemente por irregularidades e deficiencias nas súas construcións e con directivos que tamén presentan conflitos de intereses e que participan na porta xiratoria.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
28 marzo 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: