25 ene 2014

postheadericon As listas de espera de POVI$A seguen polas nubes


Malia as derivacións de pacientes aos hospitais públicos para descargar as listas de espera, os números cantan e POVISA triplica practicamente a media de Galicia. Xunto á estafa do Novo Hospital de Vigo, POVISA constitúe o maior fracaso da política sanitaria desde que o Partido Popular chegou ao goberno na Área Sanitaria de Vigo, ala por finais do ano 2009. Efectivamente se naquel momento as listas de espera cirúrxica neste hospital privado sometido ao concerto "singularísimo" era de 104,4 días agora seguimos nos 180 días e sen perspectivas de mellora substancial. Mostra disto é que o número de 5.335 pacientes que esperan por unha intervención en POVISA dun total de 140.000 cartillas da Seguridade Social que atende, contrasta cos 7.039 que esperan no CHUVI que ten que atender a unha poboación de 450.000 habitantes e, desde, logo o sistema hospitalario de Vigo é o que peores resultados ofrece entre todos os públicos de Galicia.
Por tanto, de non cambiar radicalmente as cousas, e este goberno e esta conselleira están facendo todo en sentido contrario, seguiremos nunha situación catástrófica que pagamos con sufrimento e desesperación os/as veciños/as de Cangas e o resto da poboación asignada para que o Sr. Silveira faga negocio a conta da nosa saúde. Non se pode pasar por alto que este ano quinto ano de austeridade "feijooliana" POVISA recibirá 75 millóns de euros da Xunta dos que espera "distraer" máis de 2 millóns para repartir entre xerentes e accionistas. Nisto consiste o grande éxito da xestión privada que tanto gustan enxalzar os gobernantes neoliberais ao mesmo tempo que denigran e destrúen os sistemas públicos.
Para rematar, diremos que tamén na publicación das listas de espera os/as usuarios/as forzados de POVISA estamos discriminados, pois seguen sen darse a coñecer as listas de probas diagnósticas e de consultas externas tal como se fai nos hospitais do Sergas.


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger