8 dic 2013

postheadericon A privatización “do corazón” do Servizo Galego de Saúde e a Xestión Clínica

Nuñez Feijóo dixo que considera que todo é susceptible de privatizarse no Sistema Sanitario Público excepto o seu corazón. Con todo, o quirófano para realizar o transplante de corazón do SERGAS xa está limpo e preparado.
O bisturí de Feijóo xa ha extirpado a Xestión da información (Historia Clínica electrónica, Receita Electrónica, teléfonos informativos e de Cita Previa) e a investigación, a Docencia, os ensaios clínicos, os biobancos e a xenómica, que xa se xestionan mediante a Colaboración Público Privada, é dicir en “colaboración” con empresas multinacionais e fondos de investimento.
O corazón do SERGAS fórmano o seu I +D+ I e os seus profesionais e agora as empresas privadas pretenden o seu control, xa que pode permitirlles redireccionar o sistema cara aos seus intereses, ademais de cambiar as condicións laborais, reducir os salarios e abaratar os despedimentos, co incremento conseguinte do valor no mercado dos servizos privatizados.

Con todo, isto pode supoñer un forte desgastar electoral para o PP, así que o goberno galego decidiu utilizar a denominada xestión clínica para cambiar as regras do xogo, buscando a complicidade dos profesionais con todo tipo de estratexias, de convencemento (reunións e correos masivos informativos) de premio (compromisos de incentivos laborais e económicos) ou de amedrantamento (enumeración dos supostos riscos para os que non se adhiran) co fin de obter o seu consentimento por escrito, un consentimento innecesario si o que se pretende é mellorar a Xestión Clínica que os profesionais realizamos a diario, integrando a atención dos distintos niveis e os distintos servizos de determinado proceso asistencial (cancro, corazón, Ictus...) para centrala nos pacientes e nos resultados en saúde.
O maior impulsor do proxecto de Xestión Clínica en Galicia é un coñecido cardiólogo e coordinador do primeiro proxecto piloto de Xestión Clínica no SERGAS, o do Área de Corazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, que nunhas declaracións recentes afirmaba que non ve nada que lle esperte incerteza ou medo no proxecto actual de Xestión clínica de Galicia, con todo estas declaracións non deberían tranquilizar aos profesionais, xa que esta persoa, que goza de prestixio profesional, é tamén un gran defensor da Colaboración Público privada na sanidade e está moi vinculado á Industria Sanitaria privada, especialmente á Industria farmacéutica, de forma que compatibiliza a asesoría á Fundación Roche e á Fundación Aventis e a súa pertenencia como patrono á fundación Abbot coa a coordinación do Área de Corazón do CHUAC e do Plan Integral de Cardiopatía Isquémica do Ministerio de Sanidade, malia a enorme influencia deste plan estratéxico, que pretende servir de guía aos responsables sanitarios e aos profesionais na prevención e atención a unha das patoloxía máis relevantes, por frecuencia, gasto sanitario e anos de vida perdidos na poboación, e cuxas recomendacións poden influír directamente nos beneficios dunha Industria á que o propio coordinador está vinculado.
Por outra banda, o documento sobre Xestión Clínica publicado pola consultora IASIST-TOP 20 (2013) coordinado polo mesmo profesional, á súa vez membro do consello científico desta empresa, apoia a necesidade de flexibilizar a xestión dos profesionais do SNS, considera as Ofertas Públicas de Emprego (OPE) do persoal como un exceso do sistema e afirma que debe realizarse un cambio estratéxico cara a unha maior integración público-privada na xestión do SNS, así que non é de estrañar que este doutor apoie o plan de Xestión Clínica do goberno galego.
Neste contexto, o cambio no Estatuto Marco aprobado de forma opaca pola Ministra Mato non é casual, senón un feito orquestado para facilitar a privatización do sistema sanitario público e a laboralización do persoal a través da Xestión Clínica.
O futuro do Servizo Galego de Saúde corre un enorme perigo.
Sindicatos médicos e Sindicatos de clase uníronse en Galicia na convocatoria dunha folga os días 9 e 10 de decembro para tratar de frear este despropósito, co apoio da Plataforma SOS Sanidade Pública que chama a apoiar manifestacións en toda Galicia o dia 10.
Desde a AGDSP pedimos o apoio á poboación.
Asociación Galega para a Defensa da Saniade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger