25 nov 2013

postheadericon A AGDSP denuncia que coa introdución das unidades de xestión clínica preténdese favorecer a privatización

  1. Desde a AGDSP queremos denunciar novamente que a Xunta de Galicia está introducindo nos centros sanitarios as denominadas Unidades de Xestión Clínica co único obxectivo de favorecer a privatización e a fragmentación do sistema sanitario en múltiples empresas con participación do sector privado e laboralizando ao persoal.
  2. A utilización torticera deste medida técnica se evidencia en que, contrariamente ao que se considera xestión clínica (integración de recursos de diferentes servizos na atención de procesos asistenciales), as novas unidades non abarcan diferentes servizos, senón que se pretenden desenvolver en estruturas organizativas xa existentes como psiquiatría ou dixestivo, o que supón unha incongruencia imposible de entender (os servizos son as unidades básicas de xestión dos centros a non ser que a verdadeira intención sexa facilitar o cambio das condicións xurídicas do servizo e dos profesionais adscritos).
  3. Por si quedase algunha dúbida sobe a finalidade privatizadora destas Unidades o Ministerio de Sanidade contratou coa empresa BAPPH do Sr Lamela (Ex Conselleiro de Sanidade da CCA de Madrid) o desenvolvemento da unidades de xestión clínica nos Hospitais de Ceuta e Melilla, ignorando aos seus servizo técnicos (perfectamente capacitados para realizar labores de asesoramento), pagando por iso a empresas privadas de antigos xestores do sistema público, nun evidente conflito de intereses.
  4. Queremos advertir aos profesionais sanitarios galegos dos riscos de asinar o seu vinculación a estas Unidades (cedendo á presión da Administración), dado que esta non lles garante a súa situación futura. Está aínda pendente de concretar o marco legal e funcional das mesmas, tanto en Galicia como no Estado, e habería que recordar que a Xunta aceptou ante os sindicatos que prevalecería o reglamento aprobado a nivel central sobre o autonómico.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger