24 oct 2013

postheadericon Hoxe na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia falarase sobre a discriminación sanitaria do Morrazo

Escrito do BNG para tratar na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia do 24-10-2.013:
Montserrat Prado Cores, e Daniel Rodas Chapela deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa ás medidas que ten tomado ou vai tomar o Sergas para rematar coa discriminación que sufren @s veciñ@s do Morrazo.
O Sergas mantén un concerto singular con POVISA polo cal este centro privado atende a 140.000 pacientes da Área Sanitaria de Vigo.No orzamento da Consellaría de Sanidade para 2013 mantense este concerto co mesmo importe económico a pesares de que reduciron os orzamentos sanitarios en Galiza en 111 millóns de €.

As últimas listas de espera publicadas polo Sergas referidas ao segundo trimestre de 2013 arroxan uns datos que volven a facer saltar todas as alarmas. Se en xeral os datos de listas de espera do sistema sanitario público galego son preocupantes, os de POVISA son escalofriantes, xa que volven a triplicar a media galega.
@s veciñ@s da comarca do Morrazo son desas 140.000 persoas que teñen como centro sanitario de referencia para a atención especializada ao centro hospitalario privado de POVISA. @s usuari@s da sanidade pública do Morrazo sufren varias discriminacións: a primeira, a de non ter a oportunidade de ser atendid@s na rede sanitaria pública, ao ter obrigatoriamente que acudir a Povisa para a asistencia especializada; a segunda, que a carteira de servizos á que poden acceder é inferior á ofertada no sistema público e a terceira, que padecen unhas listas de espera que triplican ás xa moi elevadas do conxunto de Galiza.
Esta situación leva anos producindo o malestar, a insatisfacción e a preocupación da poboación desta comarca. Unha comarca que se sinte enganada pola Xunta do Partido Popular, xa que a maiores do exposto, está a incumprir sistematicamente os compromisos contraídos, recollidos nos seus programas electorais, de mellorar a sanidade pública do Morrazo. A construción do Centro de Saúde de Aldán-O  Hío, o de Marín ou o Centro de Alta Resolución do Morrazo, a pesares de ser infraestruturas de vital importancia para ofrecer unha asistencia sanitaria de calidade, seguen sendo demandas d@s veciñ@s que todo indica que están moi  lonxe de converterse en realidade pola falta de compromiso do PP.
@s veciñ@s da comarca do Morrazo non se merecen o tratamento discriminatorio en materia de infraestruturas e atención sanitaria á que os está sometendo o Partido Popular desde a Xunta de Galiza, por esta razón o Grupo Parlamentar do BNG, a través da deputada e do deputado asinantes, formula as seguintes preguntas para a súa resposta en Comisión.
Está a cumprir POVISA as condicións establecidas no concerto asinado entre ese centro e o Sergas para atender a 140.000 persoas da Área Sanitaria de Vigo?
De non ser así, que medidas vai adoptar o Sergas para o cumprimento do concerto?
Que valoración fai o Sergas de que as listas de espera de POVISA tripliquen ás do resto de Galiza?
Que medidas ten adoptado o Sergas para rematar coa discriminación que sufren @s veciñ@s do Morrazo debido á deficiente asistencia sanitaria que lles ofrece Povisa?
Cales son as razóns de non ter iniciado as actuacións precisas para  acometer as infraestruturas sanitarias na comarca do Morrazo; Centro de Saúde de Aldán-O Hío, o de Marín e o Centro de Alta Resolución do Morrazo?
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger