1 oct 2013
Ante a entrada hoxe en vigor do copago dos medicamenos hospitalarios
Ante a noticia de que a Xunta de Galicia pretende aplicar a partir de hoxe o decreto que obriga a pagar parte dos medicamentos que se dispensan nos hospitais a enfermos con cancro, SIDA, linfomas, artrites severas, etc,, pese a que máis da metade das Comunidades Autónomas non o van a facer (algunhas ata gobernadas polo Partido Popular) desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos volver denunciar que
- Consideramos a medida inxusta e escandalosa dado que supón un novo imposto (taxa) que grava ás persoas con enfermidades graves que poñen en risco a súa saúde.
- Carece de racionalidade xa que a prescrición corre a cargo de persoal facultativo especializado, na que os pacientes non teñen ningunha responsabilidade e polo tanto vai destinada a corrixir ningún abuso ou mala utilización dos recursos sanitarios.
- A súa capacidade recaudatoria ou de aforro para o sistema é mínima e pode contribuír a que os pacientes con menos recursos vexan obstaculizado o seu acceso á asistencia por enfermidades graves e potencialmente perigosas para a súa saúde. Hai evidencia de que o copago está condicionando que algúns pacientes non retiren os medicamentos que lles prescriben os seus facultativos.
- A medida só se xustifíca por motivos ideolóxicos e para demostrar á Unión Europea e aos cidadáns en xeral a férrea vontade do actual goberno de adoptar medidas de recorte duras coas persoas necesitadas por encima da sensibilidade social e da racionalidade sanitaria: Facer recaer o peso da crise sobre as persoas con máis necesidade ten de axuda pública como os maiores, discapacitados ou que padecen enfermidades crónicas. Reiteramos a chamamento a Conselleria de Sanidade e ao SERGAS para que siga o exemplo das outras CCAA e non o aplique en Galicia.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: