4 oct 2013

postheadericon Alegacións da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública aos pliegos para a privatización da xestión da Alta Tecnoloxía Sanitaria de Galicia

O goberno de Galicia decidiu privatizar a xestión de toda a Alta tecnoloxía Diagnóstica e Terapéutica do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) utilizando unha figura non experimentada previamente, o “diálogo competitivo” coas empresas privadas españolas ou estranxeiras interesadas no contrato, cuxo valor de saída é de 73 millóns de euros, que co canon pode superar os 200 millóns.
A maior novidade desta forma de contratación é que as condicións imponas a empresa privada, non a Administración nin os seus profesionais, ao considerar o goberno, de forma inadmisible, que estas empresas propoñerán as solucións economicamente máis vantaxosas , así como os equipos máis adecuados e a mellor forma de xestión da Alta tecnoloxía do SERGAS, isto a pesar do Informe do Consello de Contas de Galicia, que demostra un forte aumento das exploracións innecesarias e un incremento de custos superior ao 100% coas xestión privada da Resonancia Magnética (RM) de Vigo, en relación coa xestión pública, en liña cun informe máis recente da Sindicatura de Comptes da Comunidade valenciana, que tamén confirma a ineficiencia da xestión privada da RM, cuxos custos máis que duplican aos do sistema público
Así que, non é a eficiencia o que parece buscar o goberno de Feijóo. 
Por outra banda, a renovación do parque tecnolóxico existente no SERGAS non é o principal obxectivo das empresas, dado que, segundo o documento aprobado polo goberno galego “Estratexia do Sergas 2014” a dotación de equipamento nos hospitais públicos de Galicia é superior á media Estatal. Ademais, o 78% dos equipos de TAC teñen menos de 6 anos, e aínda que podería ser necesario renovar parte do equipamento, isto pode realizarse de forma progresiva e non ten porque implicar a súa substitución, xa que existen novos avances (cambio de software e outros compoñentes) que melloran a eficiencia, a capacidade diagnóstica e amplían a súa vida útil polo menos unha década, solución máis sostible e enormemente máis barata (75% menos de investimento) pero que probablemente descartarán as empresas privadas.
Así que non é a obsolescencia do equipamento ou os custos da renovación dos equipos o que parece mover ao goberno de Feijóo.
O obxectivo esencial deste contrato é ceder o control da tecnoloxía sanitaria pública de Galicia ás empresas privadas (veremos a cales) que lles permita implantar as tecnoloxías híbridas que constan nos pliegos: PET/RM, TAC/Gammacámara, Mamógrafos con Tomosíntesis ou TAC e RM tridimensionais de altísima resolución, para a detección e biopsia de lesións supostamente precancerosas ou cancros en estadios iniciais que requirirán tratamentos moi intensivos e moi custosos, malia que moitos destes nunca se converterían en enfermidades invasoras, ou para seleccionar persoas con achados cerebrais mínimos, que supostamente incrementarán o risco futuro de certas enfermidades, como a Enfermidade de Alzheimer, e ás que se someterá a controis seriados que lles provocarán unha enorme ansiedade, malia que na maior parte dos casos a enfermidade nunca se manifestará e para a que nin sequera existe un tratamento eficaz.
Estas tecnoloxías son enormemente caras, presentan grandes problemas técnicos non resoltos, incrementan a radiación administrada aos pacientes e á poboación xeral, e na maioría dos países non se utilizan no diagnóstico clínico, nin en Europa nin en EEUU, xa que non se atopan suficientemente avaliadas nin probaron o seu relevancia nos estudos publicados, polo que o seu mención nos pliegos de contratación para a privatización da Alta tecnoloxía Sanitaria do SERGAS só ten unha explicación, ensaiar estas tecnoloxías na poboación galega para acelerar a súa implantación en todo o SNS e noutros países da nosa contorna, o que con levará riscos sanitarios, pero uns beneficios incalculables para as empresas seleccionadas polo goberno de Feijóo.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger