20 sept 2013
A FADSP denuncia que o rei recurrise á medicina privada para operarse da cadeira
Diante do anuncio de que o fei vai ser reintervido/intervido cirúrxicamente da súa cadeira nun centro sanitario privado por un cirurxán traído de Estados Unidos, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que esta decisión supón:
- Un desprezo e descalificación dos profesionais sanitarios e da sanidade pública española, malia que está considerada a nivel internacional como unha das de maior calidade e eficiencia.
- Un enorme estrago de recursos económicos, a cargo dos orzamentos que os cidadáns dedicamos ao mantemento da Casa Real e que pagamos cos nosos impostos. Esta decisión é especialmente grave nuns momentos en que o Goberno esta introducindo importantes recortes na sanidade co argumento da crise, entre os que cabería destacar o anuncio de que os enfermos de cancro e outras graves docencias terán que pagar parte do tratamento nos hospitais.
- Unha irracionalidade que a Casa Real volva recorrer á sanidade privada a pesar do fracaso da primeira intervención que presentou unha complicación que afecta ao 1-2% das intervencións no sistema público.
- Unha nova manobra de marketing político en apoio á sanidade privada en detrimento da pública na que aparecen involucrados o rei, a Casa Real e o Goberno de Madrid.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: