17 sept 2013
A AGDSP en contra da sustitución das consultas sanitarias por chamadas por internet
Diante do anuncio da Conselleira do desenvolvemento dunha Plataforma de Servizos por Internet para conectar por vía telemática aos hospitais e aos facultativos co fogar dos enfermos (co argumento de aforrar custos e facer sostenible o sistema sanitario) a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
- Que con esta medida a Conselleria de Sanidade pretende dar un novo impulso ao proceso de privatización da sanidade galega, financiando con diñeiro público unha plataforma de servizos por Internet nos domicilios dos pacientes. Esta Plataforma foi asignada á Empresa R que forma parte da multinacional sanitaria CAPIO (presente nos servizos sanitarios da maioría das comunidades Autónomas, entre eles os Novos Hospitais Privatizados de Madrid).
- O segundo obxectivo da mesma é reducir, aínda máis, os recursos e profesionais dos centros sanitarios públicos substituíndo atención hospitalaria por consultas electrónicas (cos riscos que isto pode supoñer para a calidade e seguridade da asistencia). A medida ademais incrementará as desigualdades xa que este tipo de consultas só serán accesibles a persoas que teñan Internet e capacidade para manexar esta tecnoloxía, algo impensable para a gran maioría das persoas maiores, sobre todo si viven no medio rural cunhas pensións cada vez máis raquíticas.
- En resumo a Xunta de Galicia pretende incrementar os recortes en atención sanitaria substituíndo consultas e coidados hospitalarios por servizos telemáticos e favorecer a penetración e o negocio das multinacionais no Sistema Sanitario Público Galego.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: