3 ago 2013

postheadericon Manifestación no Hío polo centro de saúde

MANIFESTO
Veciñas e veciños grazas por estar hoxe aquí reivindicando o CENTRO DE SAUDE O HÍO-ALDÁN.
Xa fai uns cantos anos que @s veciñ@s do Hío empezaron a loita por un Centro de saúde digno pois como o resto das persoas. independente de onde vivan. teñen dereito a unha sanidade pública e de calidade.
Fagamos un pouco de historia:
As asociacións veciñais da parroquia comezaron a reunirse para intentar entre todas e todos conseguir ese centro. Foron pasando os anos e déronse pasos neste sentido ata que na anterior lexislatura. o goberno tripartito sensibilizado coa problemática buscou posibles terreos para poñer a disposición do SERGAS e poder construir o tan demandado e necesario Centro de saúde. Uns terreos non eran axeitados ben pola situación (equidistantes das dúas parroquias). polo prezo... ata que se atoparon uns que cumprían cos requisitos esixidos.
O Concello de Cangas mercou ditos terreos (400.000 euros) con cartos de tod@s veciñ@s de Cangas. Despois de moitos atrancos e demoras e xa nesta lexislatura foron aceptados pola Xunta e asignada unha partida orzamentaria de 50.000 euros para o proxecto no ano 2011 e outra de 270.859 euros nos orzamentos de 2012.
As directivas das asociacións reuníronse varias veces con responsables do Sergas en Santiago para solicitar información sobre o proxecto e os prazos de execución. A resposta foi que se estaba cumprindo cos prazos previstos. Pero para sorpresa d@s veciñ(@, cando se fixeron públicos os orzamentos de 2013 desaparecera a partida destinada para o Centro de saúde O Hío- Aldán. Despois de solicitar varias reunións na Consellería para informarse non houbo resposta; tamén se presentaron varias mocións plenarias por parte da oposición municipal do Concello de Cangas que se rexeitaron ou se converteron en papel mollado.
Despois de todo o exposto, e non tendo contestación aos escritos enviados, houbo una nova reunión, esta vez con representantes dos grupos que conforman o parlamento galego e a que asistiron parlamentarias do PSOE, AGE e BNG, recibindo unha carta do PP explicando a non asistencia porque eles Si estaban traballando no tema.
Despois desta reunión na Comisión de sanidade da Xunta de Galicia parlamentarias dos grupos da oposición preguntáronlle ao Director Xeral do Sergas pola situación en que se atopaba o Centro de saúde O Hío-Aldán.
O Director xeral respostou que "o entorno económico non era doado e o Sergas estaba a Pacer unha planificación rigorosa dos seus cartos e a ser responsable cos límites orzamentarios ". Da súa comparecencia pódese extraer que está rematado o proxecto - aínda que non foi presentado ás asociacións- e que o Centro se fará cando a situación económica o permita. Ante as reiteradas preguntas da oposición de porque estaba contemplada a construción doutros centros que non aparecían nos orzamentos de 2013 a resposta foi que eses Centros Si eran prioritarios. Enton O Centro de Saúde do Hío-Aldán non o é??
Por todo o exposto:
Asociacións de diversa índole da parroquia do Hío- veciñais. culturais, deportivas. musicais- rexeitan estas respostas e seguirán demandando a construción do Centro de saúde O Hío-Aldán.

NON MAIS DEMORAS.
QUEREMOS PRAZOS DE EXECUCIÓN DAS OBRAS. ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE
CENTRO DE SAUDE XA|||||
  • GRAZAS POLA VOSA ASISTENCIA
  • NON BAIXEMOS A GARDA ATA CONQUERIR O CENTRO DE SAÚDE

NOME DAS ASOCIACIONS ASISTENTES:
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE DONÓN
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE IGREXARIO
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE LIMENS
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE NERGA
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE PINTÉNS
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE VILANOVA
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE VILARIÑO
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE VIÑÓ
ASOCIACIÓN O ARCO ASOCIACIÓN XIMALVEIRA
ASOCIACIÓN SOAVELA
ASOCIACIÓN VIUDAS DEMÓCRATAS
ASOCIACIÓN MULLERES ESCOLA VELLA
ASOCIACIÓN O GATO
ASOCIACIÓN AFARTACÁNS
ASOCIACIÓN FURATOXOS
ANPA DO COLEXIO PÚBLICO DO HÍO
ANPA DA ESCOLA INFANTIL DO HÍO
FUTBOL CLUB CRUCEIRO
COMUNIDADE DE MONTES DO HÍO
ASOCIACIÓN EIRA VELLA

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger