31 ago 2013
A Xunta inhíbise na folga de POVISA sen importarlle as consecuencias para os usuarios e usuarias
Ante as graves denuncias de pacientes afectados pola folga indefinida convocada o pasado 19 de agosto polo Comité de Empresa do hospital POVISA de Vigo, a Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
- A folga ten unha motivación moi clara no recorte salarial do 40% e nos cambios nas condicións de laborais do persoal do centro, malia que non se produciu ningunha rebaixa económica no Concerto Singular que este percibe do SERGAS.
- Consideramos inaceptable que o SERGAS se inhiba deste problema alegando que POVISA é un centro “concertado, pero privado”. POVISA é un centro ao que se asignou a asistencia de 140.000 habitantes do área, e polo que a responsabilidade última desta situación é da Conselleria de Sanidade e da Xunta de Galicia.
- Tampouco é de recibo que os pacientes paguen coa súa saúde os problemas de natureza política e empresarial dun Concerto Singular, que é o máis elevado de todo o Estado (75 millóns de euros anuais).
- A folga indefinida convocada por un persoal ao que se lle pretende rebaixar brutalmente a súa condicións laborais (para que a empresa obteña maiores beneficios) repercute nunha poboación que recibe menores prestacións sanitarias que a atendida polos hospitais públicos e soporta unha lista de espera de 171 días que duplica a do resto de Galicia que ten 68.
- É evidente que a administración non só non ten ningunha vontade de resolver este problema , denunciado reiteradamente pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e a cidadanía afectada, senón que pretende perpetuala reducindo as camas, o equipamento e a superficie do Novo Hospital Privado de Vigo para asi manter o Concerto Singular con POVISA (e abaratar os custos da obra á empresa concesionaria privada que os está construíndo).
- Esiximos á Consellería de Sanidade que interveña urxentemente para poñer fin a un conflito desencadeado por unha política de recorte brutal das condicións laborais da empresa (que están pagando os cidadáns adscritos o centro) e poña en marcha os acordos alcanzados fai catro anos por todas as partes para a unificación hospitalaria do todo a área sanitaria sen danar os lexítimos intereses dos traballadores de POVISA.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: