4 jun 2013
Pola ampliación do período de residencia dos MIR de oncoloxía
A Unión Europea (UE) aprobou o 3 de marzo de 2011 unha norma que estableceu que para obter a homologación europea do título de Especialista en Oncoloxía Médica, a duración mínima do seu período formativo debía ser de 5 anos.
O período de residencia en Oncoloxía no Estado Español era 4 anos, polo que a Comisión Nacional da especialidade, tiña reclamado a ampliación dese período formativo a 5 anos, argumentado que o incremento da complexidade da especialidade, pola expansión do seu campo asistencial e polos avances tecnolóxicos e farmacolóxicos dos últimas anos.
Seguindo esta indicación o Ministerio de Sanidade publicou no BOE a “Orden SSI/577/2013, de 5 de abril, por la que se aprueba y publica el programa formativo de la especialidad de Oncología Médica e os criterios de avaliación dos especialistas en formación”, que amplía o período da residencia da especialidade a 5 anos.
Con todo o SERGAS seguindo a súa cega política de aforro sanitario manifestouse contrario a permitir que os actuais residentes de Oncoloxía Médica prolonguen nun ano o seu período de residencia, malia que ademais de ser un requisito imprescindible para a homologación do título na UE dos residentes, melloraría a calidade da atención nos servizos de oncoloxía.
Por todo isto a Plataforma SOS Sanidade Pública esixe ao goberno galego a aplicación inmediata da orde a todos os MIR de oncoloxía de Galicia.

SOS Sanidade Pública

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: