2 may 2013

postheadericon Ocultamento de pacientes nas listas de espera en Galicia

Acaban de publicarse as Listas de espera cun mes de atraso sobre a data dada a 31/03/13 e novamente seguen coa ausencia de transparencia nun ben público que os usuarios pagan cos seus impostos. Unha nova MENTIRA constátase na publicación das Listas de Espera ao seguir ocultando a Lista de Espera non Estrutural, para evitar plasmar a crúa realidade das listas de espera que os pacientes sofren sen paliativos.
Unha nova mentira que descarta a seriedade da Conselleria de Sanidade e os equipos que xestionan os centros hospitalarios do Sergas, xa que nada ten que ver os 32.716 pacientes totais que marca a Web do Sergas co total dos pacientes existentes nos hospitais dependentes do Sergas, dado que ocultalos pacientes da Lista de espera non Estrutural.

Especialmente significativo do abandono e discriminación da Área sanitaria de Vigo é a situación da LISTA DE ESPERA QUIRÚRGICA e a súa evolución nos últimos anos. Vigo concentra a maior Lista de Espera da Comunidade Autónoma e o seu crecemento foi exponencial nos últimos catro anos. Neste capítulo, a Consellería falsea a realidade, maquilla os datos e engana aos cidadáns de Vigo.
Nos últimos datos publicados oficialmente, a Conselleria declara a existencia de 6.061 pacientes en Lista de Espera do Chuvi e 5.177 en Povisa. Un total de 11.238 pacientes, o 31,13% do total de pacientes en Lista de Espera de toda a Comunidade Autónoma. Estes datos corresponden á denominada Lista de Espera Estrutural que non inclúe aos pacientes que rexeitan a derivación a un centro concertado, os que están en espera médica ou os que pospoñen a intervención por razóns persoais, aos que a Consellería fai desaparecer da Lista de Espera.
A realidade é que a un de Abril de 2013, hai en Lista de Espera Quirúrxica no Área Sanitaria de Vigo, 19.521 pacientes no Chuvi e 5.177 en Povisa, un total de 24.698 pacientes. É dicir, hai 13.460 en espera de ser intervindos/intervidos no Chuvi que non aparecen nas estatísticas oficiais, a Consellería oculta o 54.4 % dos pacientes en Lista de Espera no Área Sanitaria e o 69% dos que hai só no Chuvi. Do total de pacientes o 68,3% esperan máis dun ano e o 22,8% máis de dous anos. Vigo atesoura o triste privilexio de concentrar case o 50% da Lista de Espera Quirúrxica de toda Galicia.
É moito máis gráfica a observación da evolución ao longo dos últimos catro anos.
En marzo do ano 2009 A Lista de Espera Quirúrxica no Área Sanitaria de Vigo era de 15.067 pacientes dos que 11.922 correspondían ao Chuvi e 3.145 a Povisa. É dicir, en catro anos, a Lista de Espera aumentou en 9.631 pacientes, un crecemento do 63,92%. ( no Chuvi aumentou en 7.599 pacientes, un 64% e en Povisa en 2.032, un 64,6% ).
É moi significativo do engano á cidadanía de Vigo, a Lista de espera quirúrxica do servizo de traumatología no Chuvi. A Consellería declara a existencia de 1.776 pacientes en Lista de Espera cando en realidade son 7.918. Con demoras superiores aos 3 e 5 anos para especialidades como Traumatoloxía e Cirugía Xeral e máis de tres anos para pacientes de otorrino, entre eles máis de 800 nenos pendentes de operarse, con esperas superiores aos 3 anos.
Estes crecementos espectaculares e escandalosos das Listas de Espera Quirúrxicas no Área sanitaria de Vigo, poñen de manifesto non só a falsidade dos datos e a falta de transparencia, senón tamén a situación de abandono das necesidades asistenciais, os efectos dunha desastrosa xestión e a discriminación sanitaria de Vigo con respecto a outras áreas de Galicia.
. Sen unha análise correcta da realidade, é imposible poñer os medios adecuados para solucionalos, evidentemente este goberno da Xunta quere desprestixiar A Sanidade Pública para poder privatizala.
. Por iso emprazamos á Conselleria, a poñer os recursos necesarios para abordar este drama, substituíndo o persoal que se xubila e non queren repoñer, o que xera unha perda de calidade asistencial.
Así mesmo a emprazamos a complementar os recursos necesarios para a apertura dos Hospitais públicos en quenda de Mañá e Tarde.
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger