3 may 2013

postheadericon A Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, unha trampa para abrir as portas á privatización

O Goberno de Núñez Feijoo vai aprobar, grazas á maioría absoluta,  a denominada Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias destinada, teóricamente, a fixar un máximo de 60 días de espera para intervencións quirúrxicas e 45 para consultas e proveas diagnósticas; posibilitar a libre elección de medicos, enfermeira e hospital; acceso a unha segunda opinión medicas sobre determinadas enfermidades; posibilidade de manifestar instrucións previas; e a recibir información sobre dereitos e deberes dos pacientes.

  1. A Lei é innecesaria e supón un refrito lexislativo, xa que todas estas medidas están recolleitas e garantidas en múltiples leis Estatais e Autonómicas plenamente vixentes, entre elas a Lei Galega de Saude.
  2. A única novidade é que acurta o tempo en lista de espera facilitando aos pacientes que superen os límites de tempo a ir a un centro privado e que os custos sexan pagados con diñeiro público. A Xunta sabe que os tempos fixados son  imposibles de levar á práctica cos actuais recursos, sobre todo tralos recortes de persoal e da actividade dos centros públicos pola tarde que fixeron crecer de xeito importante os tempos de espera (por poñer un exemplo en Vigo o 68% dos pacientes espera máis dunha ano e o 22,8% máis de dous , cun crecemento do 63,9%). Nin hai diñeiro nin os centros privados poden absorber o volume de actividade necesaria para iso. A Lei só beneficiará a determinados pacientes ricos (que poderán permitirse o luxo de adiantar o pago das intervencións e esperar a que o sistema llo devolva) e centros privados que recibisen diñeiro público para os seus negocios empresariais.
  3. A Libre elección xa está recoñecida desde fai anos. A única novidade é a elección de enfermeira e de hospital en toda a Comunidade Autónoma, que  ademais de atentar contra a planificación e a estrutura de equipos en Atención Primaria, ten como obxectivo abrir o espazo de toda a CCAA ao mercado e a competencia, seguindo o exemplo de Madrid onde desapareceron as 11 áreas sanitarias para dar entrada a empresas sanitarias multinacionais. As áreas sanitarias son necesarias para planificar e garantir unha distribución equitativa e racional dos recursos e sobran nun modelo de mercado gobernado pola oferta e a demanda,  que o actual goberno da Xunta pretende impoñer.
  4. O dereito á unha segunda opinión, instrucións previas e información sobre dereitos e obrigacións xa está recoñecido de xeito exhaustiva polo ordenamento vixente.
En resumo unha lei trampa (puro marketing político), destinada a mellorar a imaxe dunha administración deteriorada polos recortes, destinada a abrir espazo ao mercado privado, e que suscita medidas imposibles de cumprir dados os recortes e as subidas nas listas de espera en Galicia


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger