12 mar 2013

postheadericon Sobre os recursos de SOS Sanidade Publica Vigo para a anulación do contrato do Novo Hospital

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo (PDSP de Vigo), fai case dous anos (Abril 2011), interpuxo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG) un recurso contencioso contra o SERGAS. Nel solicitabamos que se ordenase a anulación xudicial do contrato público de maior contía e duración de toda a historia da Administración galega (máis de 1.500 millóns de euros, máis de 20 anos).
Non entraremos aquí a detallar os argumentos deste recurso pois o seu número e complexidade excederían varias páxinas; deixaremos esa tarefa para mellor ocasión.
O caso é que, como a cidadanía sabe, o antedicho TSXG, máximo órgano xudicial da nosa Comunidade, atopou motivados os nosos argumentos e admitiu a trámite o mencionado recurso, estando o mesmo aínda pendente de sentenza firme.

INFORMACIÓN Á CIDADANÍA.
Descoñecemos quen é o Letrado que por Lei ostenta a representación da Xunta de Galicia neste recurso, o que si sabemos é que está utilizando ante o Tribunal un argumento cuxa veracidade non comprobou e por iso denunciamos. O Letrado, nos seus escritos ao Xuíz, afirma que a PDSP de Vigo non presentou en 2010 alegacións ao estudo da viabilidade económico-financeira do referido contrato de “concesión” obxecto do recurso (argumento incerto), que por iso carecemos de lexitimidade e en consecuencia, o Xuíz non debe entrar no fondo da nosa demanda e directamente desestimala.
A PDSP de Vigo quere deixar clara constancia ante a cidadanía que si presentamos escrito de alegacións* contra ese estudo de viabilidade económico-financeira: o escrito contiña 16 alegacións (son as mesmas nas que se basea o noso recurso ante o TSXG), presentouse o 26 de febreiro de 2010 na Dirección Provincial do SERGAS en Vigo, ten número de Rexistro de entrada 3852. O Faro deu cumprida información da presentación do mesmo na súa edición do 27 de Febreiro de 2010 ** e a súa lectura completa é posible a través de varias páxinas web.
O que ocorre é que, como supoñiamos, a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, nin acusou recibo do mesmo nin aínda nin menos o contestou. Esta actitude inxustificable nun responsable público contribuíu indubidablemente a que a PDSP de Vigo tomase a difícil por enoxosa decisión de acudir aos Tribunais.

PETICIÓN AO PRESIDENTE DA XUNTA PARA CONTRIBUÍR A UNHA ADECUADA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.
O que si solicitamos públicamente ao Presidente da Xunta de Galicia, que no exercicio de tan alto cargo, dea as instrucións oportunas para o seguinte:
  1. Que cando un órgano xudicial requira dalgunha Consellería documentos dalgún expediente administrativo, ésta os remita todos, sen excepción.
  2. Que todos os Letrados, tanto externos como internos, que legalmente ostenten a representación da Xunta ante calquer órgao xudicial, na súa retórica eviten argumentos cuxa veracidade non comproben previamente. Entendemos que usar argumentos deste tipo pode xerar unha indesexable confusión nos xuíces e xa que logo resultar moi prexudiciais para unha adecuada administración de xustiza á que todos os cidadáns debemos contribuír inexcusablemente, con maior motivo, se se trata, como no caso do referido Letrado, de actores do ámbito do público
Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger