15 mar 2013

postheadericon Manifesto da manifestación de Vigo

Amigas e  amigos,pobo de Vigo, de Cangas, de Moaña, de Redondela, Nigran, do do Val Miñor, de Baiona, do Baixo Miño e de todos os concellos do sur de Galicia!
Moitas grazas una vez mais pola vosa presenza nesta gran manifestación, neste novo río sonoro e democrático, en loita que fai ouvir a súa voz nas rúas de Vigo!
Son Uxia Blanco e é  un pracer ser de novo a voz da Plataforma dos Defensores da Sanidade Publica e dos seus empregados, que tantos anos levan avisándonos do que hoxe e unha ameaza evidente: a desaparición da Sanidade Pública que tanto necesitamos e  da que tan orgullosos con razón, estamos.
Grazas tamén as autoridades que nos acompañan, o alcalde e concelleiros e concelleiras de Vigo e dos concellos veciños, así como os deputados e deputadas no parlamento galego e no español.
Grazas tamén as autoridades ausentes por mostrarnos claramente o que defenden.
Son xa moitas as manifestacións nas que nos temos reunido para mostrar o desacordo coa desaparición progresiva da nosa sanidade publica,  porque coa
  • SAUDE NON SE EXPERIMENTA,
  • COA SAUDE NON SE XOGA!
  • PORQUE A ATENCION DA SAUDE E UN DEREITÓ QUE NON PERMITIREMOS ACABE SENDO UNHA MERCANCIA, UN NEGOCIO A CONTA DOS NOSOS IMPOSTOS!!!
E porque todos e todas sabemos ben polo que estamos aquí, e somos unha manifestación grande, solo precisamos un pequeno discurso.
Serei pois breve.

O que os DEFENSORES DA SANIDADE PUBLICA  hai anos veñen avanzando e hoxe xa unha evidencia: 
DESTRUEN TODO
  • Queren rematar coa escola publica dos cativos, garantía de emprego e un futuro mellor,
  • Co traballo digno e decente dos adultos con unha crise provocada para exprimir ate limites hai pouco impensables a quenes vivimos do noso esforzo e do traballo.
  • Ameazan as pensións dos maiores tras unha vida de traballo,
  • E os que investiron os aforros, son "preferentemente" espoliados
  • E a todos, e a todas negarnos unha atención sanitaria  que desintegran con incesantes recortes, con listas de espera kilometricas, calidade menguante, descontento, anguria e dificultades progresivas para recibir atención....

Destrúen Todo. O sufrimento non lles importa.

Unha vez mais, a poucos días da celebración da Reconquista, o pobo de Vigo e da bisbarra mostrase unido e solidario disposto a non perder os dereitos tan vitais con tanto esforzo conquistados.
Somos hoxe unha fortaleza cívica en marcha.
E queren rematar cos nosos dereitos pero tamén coa voz libre, coa dignidade, a autoestima e a forza independente e insumisa  de esta cidade e de esta comarca de xente emprendedora  e traballadora.
Esta á vista de todos..
PERO NON SERÁ POSIBLE!.
É UN ESCANDALO!
Solo ven a atención sanitaria como un negocio. Un negocio para entregar aos seus cómplices e amigos: as grandes construtoras, as aseguradoras sanitarias de capital internacional, as empresas de tecnoloxía médica e as grandes farmacéuticas globais...
Un negocio privado con fondos públicos, porque no caso de Vigo idearon un suculento negocio para a sanidade privada entregándolle o Novo Hospital a unha empresa privada. 
E din os facultativos do noso hospital: os recortes e as privatizacións dificultan a atención da saúde, aumentarán as demoras, non tendremos acceso aos medicamentos innovadores e perderase os niveis de calidade, anos de vida útil, multiplicándose o sufrimento, e a ansiedade -como xa é evidente- e perderanse vidas innecesariamente.
Os médicos e medicas de Vigo, así como tódolos profesionais sanitarios,  non o queren permitir.
Os usuarios e usuarias dos seus coidados tampouco!.
E nos como pacientes que somos ou algún día seremos, animamos a todos os colectivos profesionais que traballan nos nosos hospitais e centros de saúde, a facer un esforzo para mellorar a calidade da atención e o bó trato,  para aumentar o prestixio da nosa sanidade pública, demostrando que compite en calidade, eficiencia, e prestixio vantaxosamente coa privada, e para minimizar as dificultades e os atrancos que os recortes nos crean como usuarios...

ASI MENTEN POIS, TRAFICAN, OCULTAN A VERDADE E REGALAN A PRIVADA O NOSO TAN NECESARIO  E TAN LONGAMENTE DESEXADO NOVO HOSPITAL.
UN HOSPITAL QUE VIGO E A SUA COMARCA PAGOU XA POR ADIANTADO.
UN HOSPITAL QUE PERMANECE PARADO, ENCOLLIDO COMO UN NAUFRAXIO NAS LADEIRAS DE BEADE.
UN MONUMENTO ESCANDALOSO Á MENTIRA, A IMPUDICIA, A AVARICIA E AO NECOGIO CO MAIS SAGRADO PARA A VIDA: A SAUDE....
PERO... ¿A CULPA.... DE QUEN É?
, ASI MESMO É.

      A VER SE APRENDEMOS.

Remato xa:
POBO DE VIGO, DA COMARCA; XENTE DE TODA CONDICIÓN, DE TODA IDEOLOXÍA, DE TODAS AS EDADES; SANOS, OU ENFERMOS:
  • POLOS TEUS MAIORES,
  • POLOS TEUS FILLOS E FILLAS,
  • POLOS TEUS NETOS E NETAS,
  • POR TI MESMO,
  • POR TODOS E POR TODAS...
DEFENDE HOXE, MAÑAN, NO TEU TRABALLO, NAS CONVERSAS, COAS TUAS AMISTADES, TODOLOS DIAS,  A SANIDADE PÚBLICA.

E DILLO BEN CLARO,  E BEN ALTO
  • A XUNTA,
  • A CONSELLEIRA DE SANIDADE
  • AO PRESIDENTE FEIJOO

SANIDADE NON SE VENDE;
SE DEFENDE!
Viva o pobo de Vigo e da súa comarca,
Viva Galicia,
Viva sempre a SANIDADE Publica!



0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger