14 feb 2013

postheadericon Sobre a concesión da acreditación da Joint Comission International JCI ao Hospital de Povisa

“Ti encárgasme a min a limpeza do centro e eu digo que es un hospital moi limpo”
Tralo fiasco do estudo interno que pretendía avalar a alta satisfacción dos usuarios do Área de Vigo que acoden ao Hospital Povisa, denunciado pola AGDSP pola súa dubidosa metodoloxía e os conflitos de intereses existentes, publícase agora a concesion do certificado de calidade da Fundación para a Acreditación e Desenvolvemento Asistencial (FADA) representante en España da Joint Comission International (JCI) de modo que Povisa convértese no primeiro hospital de Galicia e o sexto de España en obtela.

Chama desde logo a atención a concesión de dita certificación a outro hospital privado, xa que a ostentan en España A Clínica Universitaria de Navarra, centro privado confesional fundado por Escrivá de Balaguer, o centro médico Tecknon, adquirido en 2010 polos fondos de capital risco Magnum, o Instituto Guttmann, centro privado de atención a lesións cerebrais e medulares e o Hospital Costa do Sol e o Hospital de Alta Resolución de Benalmádena, centros públicos de xestión privada, mentres que únicamente ostenta a acreditación un hospital con xestión pública, o Hospital do Val do Nalón en Asturias.
Debemos ter en conta que:
  1. As normas da JCI establecéronse para os centros do sistema sanitario estadounidense, similares aos hospitais españois privados ou de xestión privada pero moi diferente aos centros hospitalarios de xestión pública do noso SNS.
  2. A JCI-FADA posúe un acordo de colaboración coa Federación Nacional de Clínicas Privadas (FNCP) para promocionar a acreditación destas, ata cunha rebaixa na factura.
  3. O Sistema de acreditación da JCI non esixe auditorías internas e hai pouco énfase nos resultados en saúde
  4. O Sistema de acreditación utilizado pola JCI céntrase en determinados resultados de proceso empresarial que se benefician da derivación dos pacientes (neste caso ao CHUVI) máis complexos e máis graves.
  5. Desde a AGDSP non podemos entender a acreditación da calidade dun hospital cunhas listas de espera que duplican a media galega, que ademais deben soportar os pacientes do Sergas pero non os pacientes privados, o que provoca unha atención a dúas velocidades, na que imperan os criterios de mercado sobre os clínicos.
Os hospitais públicos non só están tendo que botar unha man ao centro privado, incapaz de cumprir os seus compromisos, operando aos pacientes das súas listas de espera, senón que ademais dispoñen de Historia Clínica electrónica única, son hospitais sen papel e fai anos que non hacinan aos seus pacientes en habitacións de 3 camas, aínda que non reciban galardóns por iso.
Só unha lóxica publicitaria como demostra a ampla repercusión mediática, explica este proceso de marketing hospitalario encamiñado a intentar neutralizar a imaxe negativa que as listas de espera en pacientes do SERGAS fan recaer sobre POVISA.

13 de febreiro de 2013

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger