28 feb 2013

postheadericon As verdadeiras contas do Novo Hospital de Vigo

O NHV debería estar en funcionamento.
Ía ser público e o seu custo total de 590 millóns de euros, fronte a 68 millóns IVA durante 20 anos (1400 millóns) que supoñerán co proxecto PFI do goberno actual, un custo total de 1800 millóns para o erario público galego ao engadir o diñeiro que a Xunta deixará de ingresar debido á concesión á UTE privada do parking e outros servizos adxacentes, ademais do custo extra do laboratorio, que se externalizará (tendo en conta o que sucedeu en Madrid con Güemes, é fácil supoñer a causa desta “amputación”).

Estas contas quedaranse curtas, xa que non inclúen as novas esixencias económicas da UTE concesionaria, que terá unha posición estratéxica para presionar sobre o goberno galego, como xa sucedeu en Madrid con Esperanza Aguirre, que aproba 80 millóns de sobrecusto e 9 millóns/ano de incremento no canon, condicións impostas polas UTEs, menos de 5 anos logo da concesión.
A Xunta pediu ao Banco Europeo de Investimentos (BEI) 180 millóns de diñeiro público, que computarán como débeda, para construír ¿con financiamento privado? o novo hospital “recortado” aínda que o canon siga igual.
Ademais a Xunta deberá seguir pagando os 72 millóns/ano a Povisa (probablemente se actualizarán) máis o gasto farmacéutico, que non está incluído, uns 85 millóns/ano, en total, 1700 millóns de euros en 20 anos, que se aforrarían coa construción do gran hospital público como estaba proxectado, xa que podería asumir toda a Atención Especializada do Área de Vigo, e ser referencia doutras Áreas para certas patoloxías complexas.
Povisa podería quedar como centro privado, alto turismo sanitario ou readapatarse, xa que moitos dos seus profesionais terían cabida no Novo gran hospital público.

En 20 anos
NHV con financiamento público................ 590 M euros
NHV PFI.............................................. 1.800 M 180M 1.700 millóns.
EN TOTAL........................................... 3.680 M de euros (6,23 veces máis)


Doutra banda, Povisa logrou non só permanecer como hospital de Utilización Pública limitando unha vez máis o desenvolvemento da sanidade pública viguesa, senón tamén, debido á súa ?gran influencia? sobre a Conselleira de Sanidade, a libre elección de hospital para a poboación afectada polo Concerto Singular actual. Esta é unha decisión populista para tranquilizar á poboación adscrita ao centro privado, pero o seu principal obxectivo é librar a Povisa dos pacientes maiores, crónicos e pluripatolóxicos ou con enfermidades complexas.
Povisa especializarase nos pacientes e os servizos rendibles e enviará ao NHV os “non rentables”
Povisa será un gran negocio e o NHV impagable e pouco gobernable.
Sempre será un bo motivo para o seu privatización total, como ocorre na Comunidade de Madrid.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger