15 feb 2013

postheadericon A Plataforma SOS Sanidade Pública en Galicia apoia as mobilizacións contra a privatización da sanidade pública do 17 de febreiro

A Plataforma SOS sanidade Pública de Galicia que agrupa á maioría das Federacións de Asociacións de Veciños, organizacións de pacientes con patoloxías crónicas, ONGs, asociacións xuvenís, asociacións de profesionais sanitarios, sindicatos, partidos políticos, acordamos por unanimidade apoiar as mobilizacións do día 17 en Madrid convocadas polo Encontro en Defensa da Sanidade Pública de Madrid en contra do Plan de Medidas de Garantía para a Sostenibilidade do Sistema Sanitario Público, cuxa aplicación supoñería o desmantelamento e privatización dunha parte moi importante da sanidade da CCAA de Madrid.

Consideramos que a mobilización dos cidadáns e traballadores sanitarios da comunidade autónoma madrileña en defensa da súa sanidade pública, é a mesma que estamos desenvolvendo SOS Sanidade Pública en Galicia desde fai anos en contra dos recortes sanitaros, o desmantela amento das áreas sanitarias, o copago, a privatización dos servizos, ou o financiamento e xestión privada dos novos centros sanitarios.
O triunfo ou derrota da loita cidadá e profesional en ambas comunidades autónomas, e as do resto do Estado, fronte ás políticas neoliberais do os gobernos do PP, terán unha gran repercusión para o mantemento do dereito á saúde e do sistema sanitario público no seu conxunto.
Facemos un chamamento a coordinar os esforzos e mobilizacións dos cidadáns e traballadores sanitarios en defensa da sanidade pública e contra o seu desmantelamento e privatización en todas as comunidades do Estado.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger