17 dic 2012
Mañá, 18 de decembro, debátese no Parlamento de Galicia a ILP en defensa da sanidade pública
A Plataforma SOS Sanidade Pública integrada por organización veciñais, sindicais, de usuarios, profesionais sanitarios, ONGs, partidos políticos, concellos, etc, promoveu unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega (impulsada polo o actual Goberno Galego), para garantir o dereito constitucional á saúde dos galegos.
A proposición de Lei pretende a xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción de saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos. Durante 4 meses as Plataformas Galegas que integran SOS Sanidade Pública, xunto con outros colectivos como ONGs e o 15M desenvolveron actividades de información, debate e mobilización social recollendo firmas en todas as áreas sanitarias da CCAA. Estas alcanzaron a cifra de 30.000 moitas máis das 15,000 esixidas Os puntos da ILP son:

- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos.
- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia.
- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: